A fronte xudicial conservadora decidiu xogar as súas cartas ao máximo, mesmo a través dun golpe de estado para derrocar a este goberno 'ilexítimo'
Sabiamos que podía chegar este momento e de feito viñemos avisando de que había forzas escuras que estaban conspirando contra a democracia en España e que nese obxectivo dende sectores minoritarios pero moi poderosos se estaba preparando un golpe de estado xudicial contra o goberno de quenda (PSOE/Sumar).
Acabamos de saber que o maxistrado do Tribunal supremo Angel Hurtado ven de ditar un auto de procedemento abreviado contra o Fiscal Xeral de Estado, Alvaro García Ortiz, e a Fiscal Provincial, Pilar Rodriguez por un presunto delito de revelación de secretos cometidos ao filtrar o correo electrónico coa confesión de Alberto Gonzalez Amador, parella da presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, Isabel Diaz Ayuso. Un procedemento que, por todo o que xa sabemos, non ten nin base xurídica nin argumentos sólidos. Que é todo unha montaxe xudicial, baseado en elucubracións e indicios, para continuar coa campaña de acoso e derribo do goberno español de quenda e que agora se centra no Presidente de Goberno, Pedro Sánchez.
Por si houbera dúbidas sobre as reais intencións deste auto, o maxistrado de torno achaca directamente a Presidencia do Goberno (Pedro Sánchez) dunhas supostas indicacións para filtrar á prensa o correo no que o señor González Amador, mozo de Ayuso se declara responsable de dous delitos fiscais. Queda claro a onde van dirixidos os tiros?.
Que está pasando realmente? Moi sinxelo, que visto que as dereitas extremas por vías políticas e democráticas como, por caso, sería unha moción de censura parlamentaria, non son quen de derribar ao goberno de progreso por que as continuas torpezas do señor Nuñez Feijoo e a súa tropa (PP) afastan a posibilidade dun acordo cos partidos nacionalistas de centro dereita (PNV, JxCat) necesarios para esa maioría. Que visto que a vía da rúa tampouco funciona pois a manifestación convocada este domingo 8 de xuño contra o goberno de quenda (entre 50 e 100.000 asistentes, unha cifra ridícula para tal empeño) foi un absoluto fracaso. Que a Lei de Aministia ven de ser informada favorablemente polo Tribunal Constitucional dándolle así a razón ao goberno e tirando por terra o obxectivo das dereitas extremas (PP/Vox) de declarala inconstitucional o que sería un golpe coase mortal para o goberno de quenda (PSOE/Sumar). Que a economía española presenta os mellores resultados da Unión Europea, cuns números en emprego espectaculares, o que non deixa de seren un éxito deste goberno. Feitos obxectivos todos que tanto apuntan a que este o goberno, a pesar das continuas cambadelas, vai a rematar a lexislatura (2027) como a que a alternativa Nuñez Feijoo, a pesares das enquisas, non resulta fiable senón de moi dubidoso éxito e a proba está na moi baixa consideración entre a cidadanía do candidato.
Que visto tamén que a señora Isabel Ayuso, alternativa a Nuñez Feijoo para un sector das dereitas extremas, se lle multiplican os frontes xudiciais e políticos dende o feito indiscutible de que o seu noivo cometeu os delitos de fraude fiscal, falsidade en documento mercantil, corrupción nos negocios e administración desleal polo que tería que entrar na cadea, co que iso supón para a súa imaxe política -alguén se cree que a señora Áyuso non estaba ao tanto das falcatruadas do seu mozo?, que, por caso, non sabía con que diñeiro se pagou o ático?- ata o asunto das residencias e os protocolos da vergoña (7.291 maiores falecidos) que pon en evidencia a responsabilidade do Goberno madrileño nesas mortes e, xa que logo, da súa Presidenta.
Vistas todas estas evidencias o fronte xudicial conservador, polo que estamos vendo, decide xogar a fondo as súas cartas, aínda que sexa a modo golpista para conseguir derribar a este goberno “ilexítimo”. Para maior seguridade sobre as reais intencións deste fronte xudicial basta con pasar revista a historial do maxistrado señor Angel Hurtado, un fechado de imparcialidade como afirma un periodista madrileño. Un maxistrado do Tribunal Supremo que no seu dia “arquivou a causa do asasinato de José Cousa cámara de televisión, que tratou de impedir que Mariano Rajoy declarase no caso de corrupción da Gurtel, que se opuxo a condena polo mesmo ao PP, que defende que os maxistrados arroupen xuridicamente aos partidos cos que se senten mais afíns.....” (en que partido estará pensando o señor Hurtado?).
Evidencias, as que se poderían sumar as dos incontables casos de corrupción que afectan ao Partido Popular que dormen nos despachos a espreita de seren arquivados por prescrición. Evidencias todas que levan a pensar que en España hainos (políticos, periodistas, maxistrados, grandes empresarios e banqueiros) que están traballando nun golpe de estado xudicial contra un goberno lexítimo (PSOE/Sumar).
Escribe o teu comentario