Feitos obxectivos todos que tanto apuntan a que este o goberno, a pesar das continuas cambadelas, vai a rematar a lexislatura (2027) como a que a alternativa Nuñez Feijoo, a pesares das enquisas, non resulta fiable senón de moi dubidoso éxito e a proba está na moi baixa consideración entre a cidadanía do candidato. Que visto tamén que a señora Isabel Ayuso, alternativa a Nuñez Feijoo para un sector das dereitas extremas, se lle multiplican os frontes xudiciais e políticos dende o feito indiscutible de que o seu noivo cometeu os delitos de fraude fiscal, falsidade en documento mercantil, corrupción nos negocios e administración desleal polo que tería que entrar na cadea, co que iso supón para a súa imaxe política -alguén se cree que a señora Áyuso non estaba ao tanto das falcatruadas do seu mozo?, que, por caso, non sabía con que diñeiro se pagou o ático?- ata o asunto das residencias e os protocolos da vergoña (7.291 maiores falecidos) que pon en evidencia a responsabilidade do Goberno madrileño nesas mortes e, xa que logo, da súa Presidenta. Vistas todas estas evidencias o fronte xudicial conservador, polo que estamos vendo, decide xogar a fondo as súas cartas, aínda que sexa a modo golpista para conseguir derribar a este goberno “ilexítimo”.
As tensións que se están vivindo en Catalunya trasladáronse tamén a Madrid -- aínda que por motivos diferentes ---, o que presaxia uns meses conflitivos ata que pasasen as eleccións do 4M. Se é que a xustiza as aproba tras a impugnación das mesmas pola Mesa da Asemblea de Madrid.
O movemento do PP de Madrid prodúcese á vez que Cidadáns e PSOE se alían en Murcía para desbancar aos conservadores dese goberno autonómico. Ayuso temía que ela podería ser a seguinte en sufrir unha moción e preferiu tomar a iniciativa, aínda que non está claro aínda se formalizou os trámites a tempo, pois varios partidos da oposición han presentando mocións de censura na Asemblea esta mesma mañá. En todo caso, de vencer Ayuso en Madrid podería eregirse en alternativa a Casado no Congreso do PP a final de ano, o que podería afectar o futuro de Feijóo.
Ante a estúpida proposta da Señora Ayuso, faríalle outra proposta vantaxosa para ela e o seu partido, que seguro que lle dará moitas páxinas nos diarios dixitais. Lévese Vd. á súa Comunidade á Señora Colau.