Feitos obxectivos todos que tanto apuntan a que este o goberno, a pesar das continuas cambadelas, vai a rematar a lexislatura (2027) como a que a alternativa Nuñez Feijoo, a pesares das enquisas, non resulta fiable senón de moi dubidoso éxito e a proba está na moi baixa consideración entre a cidadanía do candidato. Que visto tamén que a señora Isabel Ayuso, alternativa a Nuñez Feijoo para un sector das dereitas extremas, se lle multiplican os frontes xudiciais e políticos dende o feito indiscutible de que o seu noivo cometeu os delitos de fraude fiscal, falsidade en documento mercantil, corrupción nos negocios e administración desleal polo que tería que entrar na cadea, co que iso supón para a súa imaxe política -alguén se cree que a señora Áyuso non estaba ao tanto das falcatruadas do seu mozo?, que, por caso, non sabía con que diñeiro se pagou o ático?- ata o asunto das residencias e os protocolos da vergoña (7.291 maiores falecidos) que pon en evidencia a responsabilidade do Goberno madrileño nesas mortes e, xa que logo, da súa Presidenta. Vistas todas estas evidencias o fronte xudicial conservador, polo que estamos vendo, decide xogar a fondo as súas cartas, aínda que sexa a modo golpista para conseguir derribar a este goberno “ilexítimo”.
O presidente da Xunta insiste en ancorar ao seu partido no centro e reclama desbloquear España, o que pode entenderse como unha apertura de portas á gran coalición ou, polo menos, a pactos de estado co PSOE, como os que xa defendeu mesmo durante a fracasada investidura de Pedro Sánchez en contra do criterio de Pablo Casado
"É o político máis interesante co que me reunín", apláudelle un riseiro Jácome. O presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acolleu de bo grado os proxectos do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para construír un parque acuático termal e impulsar un centro de intelixencia artificial.
A primeira mensaxe do mandatario galego é que hai que "unir o voto do centro da dereita". Mensaxe que é precisamente o que xa están a mandar moitos próceres conservadores españois. Unha hipotética refundación se podería levar a Feijóo a Madrid, arriscada aposta que por agora el non parece disposto a xogar.
Falaba por fin o presidente de la Xunta tras un longo silencio do Nadal. E o mesmo día que Vox dicíalle ao PP que se quería gobernar en Andalucía tiña que, entre outras cousas, devolver ao Estado as competencias de Educación e cargarse a Lei contra a Violencia de Xénero, Alberto Nuñez Feijóo volveu lanzarlle un dardo aos filtreos de Pablo Casado coa ultradereita. O dirixente galego teno claro, as leis contra a violencia machista pódense mellorar, pero non derrogar como esixen os de Pablo Abascal.
Sorpresa maiúscula. A pesar de ser o favorito de todas as quinielas e do aparello, o presidente da Xunta de Galicia anunciou esta tarde que non se presentará á sucesión de Mariano Rajoy. Alberto Nuñez Feijóo leva semanas meditando a súa candidatura a pesar das voces, do PP estatal e do PP galego, que en privado animaban ao mandatario dar un paso adiante.
Non debeu G. C. caer nesa trampa porque as razóns que moven a Núñez Feijoo son meridianas: dividir á esquerda para así facer imposible o cambio e garantir a súa permanencia á fronte da Xunta de Galicia.
Xerarán 200 megawatts e crearán 500 postos de traballo | Feijóo confirma a disposición do seu executivo para contribuír á realización inmediata do proxecto.
"As persoas que non coñecemos con detalle a vida organizativa do PSOE identificabamos a López coas formulacións de Pedro Sánchez", subliñou.