Outro accidente de tractor acaba coa vida dun home en Vilamartín de Valdeorras

Estes siniestos son cada vez máis habituais no rural galego, onde moitos factores propician esta clase de sucesos.


|

Tractor
Tractor

 

Un home perdeu a vida este luns ao sufrir un accidente cun tractor nunha parcela do lugar de Córgomo, no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras. O aviso chegou ao 112 Galicia ás 13.15 horas pola chamada dun particular que alertou da emerxencia e reclamou asistencia urxente. As causas exactas do sinistro non foron precisadas polas autoridades.

 

Tras recibir o aviso, o 112 mobilizou de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Valdeorras, ao GES de Valdeorras, á Garda Civil e a Protección Civil. Con todo, cando o persoal sanitario chegou á leira, a vítima xa non tiña posibilidade de ser salvada e os profesionais só puideron certificar o seu falecemento sobre o terreo.

 

 

UNHA ESTATÍSTICA QUE NON MELLORA

Galicia acumula así unha nova vítima mortal nun tipo de accidente que converte á comunidade no territorio do Estado con maior sinistralidade por maquinaria agrícola. Cada sete días falece en España unha persoa nun accidente de tractor, e Galicia representa por si soa o 38,46% dos accidentes mortais deste tipo en todo o país. Durante 2024, a comunidade rexistrou ao redor de 15 vítimas mortais relacionadas con vuelcos de tractor, e os expertos en seguridade laboral agraria sinalan que os accidentes con tractores representan case o 70% dos sinistros mortais no sector primario galego. 

 

 

Os factores que explican esta situación son coñecidos. A maquinaria anticuada, a confianza excesiva dos condutores, a falta de formación específica e unha poboación rural envellecida con reflexos diminuídos son algunhas das causas máis sinaladas polos especialistas. A iso súmase a orografía galega, con terreos en pendente e camiños estreitos que multiplican os riscos no manexo destes vehículos.

 

O ROPS, UNHA SOLUCIÓN QUE NON CHEGA

Segundo datos da mutua Umivale Activa, o 99% das mortes por envorco de tractor poderían haber evitado co ROPS, a estrutura de protección anticaída, da que carecen uns 300.000 tractores en toda España. O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) identificou reiteradamente o traballo en pendentes pronunciadas e a ausencia de arcos de seguridade homologados como os principais factores de risco na comunidade.

 

 

O suceso de Vilamartín de Valdeorras súmase a unha cadea de traxedias similares rexistradas nos últimos meses en puntos moi distintos da xeografía galega. En maio de 2025 un octoxenario faleceu en Cualedro, tamén na provincia de Ourense, en circunstancias parecidas, pero sen ir máis lonxe, fai tan só dez días, houbo que lamentar outro morto no Corgo, Lugo.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE