Borja Verea (Santiago de Compostela, 1980) lidera a oposición en Santiago de Compostela onde só unha diferenza de dous edís sepáranlle da maioría no pleno. A porta que abriu Gonzalo Muíños esta semana, ao afirmar que só apoiarían unha moción de censura no Pazo de Raxoi se Mercedes Rosón terminase como alcaldesa, foi atendida por un PP que cedía o bastón de mando a fin de provocar a caída de Goretti Sanmartín e a entrada do seu equipo nas concellarías. A resposta dos populares foi descartada polo non adscritos e Galiciapress entrevista a Verea para coñecer as súas impresións tras dous días nos que parecía moi próximo o cambio a corporación en Santiago. A súa proposta para un novo goberno, a "nefasta xestión" que, asegura, impera no Concello de Santiago ou asuntos como a taxa turística ou o transporte urbano, outros asuntos da conversación.
A chegada de turistas á capital galega con motivo da celebración do festival O Son do Camiño destapou as ofertas de Cabify para desprazar dentro de Santiago de Compostela. Consultados por este diario, desde a empresa negan vulnerar os "límites legais", mentres que Concello e oposición discuten sobre a regulación dos VTC, aínda que desde Raxoi aseguran que "se adoptarán medidas" contra estes servizos.
Borja Verea (Santiago de Compostela, 1980) lidera hoxe a oposición que, segundo el, é "a máis construtiva da historia de Santiago". Mentres lle PSOE compostelán precipítase, o líder dos populares santiagueses eríxese como alternativa tras unha década de alternancia no goberno da capital entre Compostela Aberta primeiro, PSOE despois e BNG agora.
Galiciapresss entrevista a Borja Verea, o candidato do Partido Popular á alcaldía de Santiago. O modelo de cidade, o caso Pichel, o contrato de augas ou as medidas concretas para liquidar os problemas de vivenda son algúns dos temas desta conversación, parte da serie de entrevistas con alcaldables urbanos que está a publicar este diario.
O concelleiro Alejandro Sánchez Brunete será o novo portavoz do PP no Concello de Santiago en substitución de Agustín Hernández, que dimitiu de todos os seus cargos para ser o novo presidente do Consello Económico e Social (CES). Pola súa banda, unha xestora encargarase da agrupación local popular ata que se elixa novo presidente, cargo que ata o de agora tamén ocupaba o exconselleiro.
Unha "rede de favores" esténdese por toda a provincia. Os concellos de Santiago e A Coruña favorecen a empresas de familiares de Compostela Aberta dándolles contratos menores, que se poden adxudicar a dedo. Esta é a denuncia que enarbora o Partido Popular para desgastar ás mareas. Unha argumentación que perde peso ao comprobar que administracións gobernadas polo propio PP contrataron en múltiples ocasións a esas mesmas empresas, que agora,en plena precampaña, poñen no punto de mira.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, relativiza as enquisas que auguran a subida de Cidadáns (Cs) fronte a un PP desgastado, aínda que, sobre os pasos que debe dar o seu partido para frear a tendencia, avogou por "comunicar máis e mellor", e dedicar "moito tempo á pedagoxía" para que os cidadáns "coñezan" e poidan entender as decisións que se adoptan e "valorar os logros".
Trátase dunha peza da instrución da Operación Pokémon | Ambos declaran o 20 de xuño ás 10 horas, un día despois de que declaren en calidade de testemuñas outros cargos do PP compostelán.