Noriega denunciará nos xulgados ao PP polas acusacións de enchufes e Hernández di que faltou ética

O alcalde de Compostela Aberta ve ao PPdeG tras "a campaña de infamia" e reitera que emprenderá accións xudiciais ante a denuncia de "rede de favores"

|

Agustín Hernández insiste en que o alcalde debe dar explicacións ante uns contratos menores que entende non son éticos


candidato do PSOEo Vicepresidente de la Xunta acusan o líder do Compostela Aberta de sobreactuar ante as acusacións lanzadas por Agustín Hernández. O alcalde de Compostela Aberta responde situando ao PPdeG e algúns tras "a campaña de infamia" e reitera que emprenderá accións xudiciais ante a denuncia de "rede de favores".


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, de Compostela Aberta, negou ameazar ao portavoz do PP, Agustín Hernández, e confrontou o seu "carácter británico" co "tremendamente colérico" do tamén candidato popular. Un argumento que esgrimiu o rexedor compostelán tras ser preguntado, directamente, sobre a acusación que este mércores realizou Agustín Hernández.


O portavoz do PP acusou a Noriega de ameazalo, no despacho de Alcaldía, no momento no que os populares estaban a realizar unha rolda de prensa para denunciar unha suposta "rede de favores", con contratos "a dedo" con empresas con "vínculos" do goberno local.


Pero Martiño Noriega respondeu con referencias persoais, confrontando o seu carácter co do portavoz do PP: "Os que me coñecedes desde hai anos sabedes que se algo me caracteriza é un carácter británico, e se algo caracteriza a Agustín Hernández é un carácter colérico", asegurou. Tras ironizar que o que quedaba agora era "pasar de vítima a agresor", incidiu que na súa casa "ensináronlle educación".

"ALTOFALANTES MEDIÁTICOS"
E sobre a reunión no seu despacho con Agustín Hernández, explicou que "o único" que lle dixo ao portavoz popular é "que hai que estar moi desesperado para facer o que estaban a facer", en especial, "sabendo que non eran verdade as súas acusacións".

É máis, resaltou que lle reprochou que estivese "prexudicando a xente que nada ten que ver co debate político nin coa dinámica política" e reiterou que dá por rotas as relacións institucionais co Partido Popular.

Neste sentido, volveu a lamentar "as vítimas civís", "as mentiras" e que "a infamia cotice na bolsa de valores e que teñan altofalantes mediático-políticos".

O PPDEG ESTÁ "DETRÁS DA CAMPAÑA" DE INFAMIA
Despois de que o PP asegurase que a "rede de favores" estendeuse á cidade da Coruña na que se asinaron contratos coas mesmas empresas, Martiño Noriega denunciou que "a infamia está agora circunscrita no ámbito do país" e ve "evidente que a sombra do PPdeG está detrás desta campaña e desta infamia".

Martiño Noriega insistiu ademais en que o goberno local só responderá "coa verdade, cos datos, negando calquera trato de favor" e insistiu en que se adoptarán as "accións xudiciais pertinentes".

E como conclusión, resolveu: "Contra este tipo de actitudes e contra a mafia, democracia, e en maio axustaremos contas".

ACUSACIÓNS DO PP
Nas súas acusacións, o PP referíase a un total de 14 contratos con 7H Sociedade Cooperativa Galega, por valor total de 57.802,77 euros. O PP vinculaba esta empresa coa concelleira Noa Morais porque nun dos programas contratados participou a súa irmá, aínda que indicou a Europa Press que se desvinculou en 2015.

Outro dos contratos con Produccións Teatrais Excéntricas SL para contratar unha actuación do artista Quico Cadaval, cun importe de 605 euros. E había un último contrato de 501,5 euros para dous talleres de escritura creativa nos que participou a socia de editorial --Apiario-- da parella do rexedor, xunto a outra quincena de poetas.

Tras estas denuncias, ao día despois --este mércores--, na Coruña, o PP falou de que se estendeu a "rede de favores" á cidade que goberna Marea Atlántica, debido a que existían unha ducia de contratos do Concello a persoas próximas ao goberno local de Santiago.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE