Baile de alcaldías en Galicia

Manoel Barbeitos
Economista

Para ben ou para mal –eu penso que o primeiro- nunha democracia parlamentaria como a española os/as políticos/as están sometidos ao veredicto das urnas. Unha urnas que no caso de Galicia deixaron, co gallo das eleccións municipais, algunhas lecturas políticas moi interesantes e ilustrativas como, por caso en Vigo, Pontevedra, Compostela, A Coruña e O Ferrol.


A relevancia destes concellos para Galicia é indiscutible velaí unha das razóns da miña atención aos resultados habidos. Uns resultados que mostraron tendencias bastante dispares pois mentres en dous destes concellos (Vigo, Pontevedra) os gobernos municipais renovaron, con folgura, o seu mandato nos outros tres (Compostela, A Coruña, O Ferrol) recibiron un forte castigo.


Como sucede sempre nestes casos si hai lecturas políticas para tódolos gustos as evidencias son as que son. Abel Caballero (Vigo) e Fernández Lores (Pontevedra), partindo de situacións distintas veñen, nembargante, de ser reféndaos de forma espectacular. Si se pode pensar que Caballero veuse favorecido polo vento de cola que arrastra o PSOE, que se pode dicir de Lores militante dunha organización (BNG) sen un vento tan favorable?. Como explicar en ámbolos dous casos que o resultado da municipais mostre un apoio moi superior ao que reciben os seus respectivos partidos nunhas eleccións xerais ou autonómicas?. Un apoio que revalida, e incluso mellora, os resultados obtidos en anteriores convocatorias municipais a pesares de que naqueles anos os seus respectivos partidos (PSOE, BNG) non vivían os seus mellores anos nin moito menos. A estas alturas e dado que estamos diante de dous políticos cunhas características moi diferentes que pertencen a partidos claramente diferenciados xa ninguén pode negar que en ámbolos dous casos a cidadanía está premiando unha xestión municipal que valoran moi, moi alto. Parabéns sinceros a ámbolos dous.


Moi distinto é o caso das chamadas mareas municipalistas mais relevantes. O resultado obtido nas anteriores eleccións municipais por parte de Compostela Aberta, Marea Atlántica e Ferrol en Común foi unha indiscutible sorpresa. Poucos esperaban que unhas organizacións novas, practicamente descoñecidas, contrarias ao bipartidismo reinante ata entón, que apostaban por superar o sistema clásico de partidos, puideran chegar a gobernar en feudos que viñan sendo patrimonio ben do PSOE ben do PP. Toda unha sorpresa por que aquelas organizacións reclamábanse como innovadoras tanto na súa organización como na acción política. Eran “un sopro de aire fresco que entraba nos concellos”.


Pasada apenas unha lexislatura o voto cidadán que antes os upara a gobérnana municipal retiroulles o apoio. A experiencia apenas durou unha lexislatura. Cabe entón preguntarse polas razóns de tal desgaste en tan pouco tempo. Unha vez mais hai respostas para tódolos gustos. Nembargante hai unha evidencia indiscutible: os gobernos das mareas nestes concellos (Compostela, A Coruña, O Ferrol) perderon a confianza de moitos/as dos cidadáns que lla concederan nos comicios anteriores. Unha perda de confianza que se explica tanto por factores externos como internos.


Non menos decisivo neste cambio de tendencia no voto foi o comportamento que a maioría dos medios de opinión e información españois e galegos tiveron para con as forzas emerxentes. Non so foi o caso dos medios públicos (CRTVG) senón tamén os medios privados de maior difusión  


O tempo transcorrido pon en evidencia que as mareas municipais víronse moi beneficiadas pola crise de confianza que, naqueles anos, arrastraban os dous partidos galegos de esquerdas de mais longa tradición (PSdeG, BNG). Por distintas razóns o seu electorado tradicional mostrou un importante desapego que lles levou a dar o seu apoio a organizacións practicamente descoñecidas pero que aparecían como algo novo, distinto e que refugaba dos vicios partidarios que tanto molestaba a moitos votantes. Dado o sistema electoral español e a aínda escasa cultura democrática dos/as galegos/as era previsible que ese electorado, en todo ou en parte, era susceptible de volver nalgún momento ao seu feudo tradicional moito mais se as novas organizacións non cumprían todas ou unha parte importante das expectativas espertadas.

Non menos importancia no resultado das mareas tivo a situación política a nivel de estado. As anteriores eleccións municipais celébranse nun momento en que un sector crecente da cidadanía española e galega empezaba a mostrar un claro rexeite deica o partido gobernante (PP) tanto pola súa corrupción rampante como polo negativo impacto das súas políticas austericidas. Unhas políticas que levantaron unha “indignación” que atopaban a súa mellor expresión política nas forzas emerxentes. Dado o carácter tan volátil que adopta nos derradeiros tempos o voto dunha grande maioría de cidadáns está situación, como sinalaba anteriormente, podía ser conxuntural se as forzas emerxentes non respondían as expectativas espertadas. Como mostraron as evidencias posteriores, foi un tremendo erro por parte das forzas emerxentes o pensar que as dinámicas eran firmes e os cambios de apoios definitivos.

Non menos decisivo neste cambio de tendencia no voto foi o comportamento que a maioría dos medios de opinión e información españois e galegos tiveron para con as forzas emerxentes. Non so foi o caso dos medios públicos (CRTVG) senón tamén os medios privados de maior difusión que, dende o primeiro día, desenvolveron unha campaña de desgaste destas forzas políticas (EN MAREA, COMPOSTELA ABERTA, MAREA ATLANTICA, FERROL EN COMUN,…) tremendamente agresiva e sectaria. Unha campaña que ao tempo que poñía o foco nos erros, magnificándoos e ampliándoos, ocultaba os éxitos chegando incluso a desvirtuar as propias accións de goberno. Unha campaña que, en moitos casos, producía náuseas a calquera que tivera un mínimo pensamento democrático. As hemerotecas están aí para quen queira comprobalo.


Si se di que Roma non pagaba traidores tamén é certo que os votantes de esquerdas non perdoan segundo que comportamentos. Non por casualidade o voto perdido por estas tres organizacións municipalistas foi ao PSdG-PSOE e o BNG.


Pero tamén houbo importantes fallos achacables en exclusiva aos equipos dirixentes destas organizacións e as súas entornas. Fallos relacionados directamente coa xestión municipal pero tamén coa perda de perspectiva política. Por distintas razóns, algunhas lóxicas dada a inexperiencia de moitos/as dos/as edís, os resultados da xestión fixéronse pouco visibles cando non estiveron ausentes o que provocou unha grande decepción entre moitos dos votantes. 


Asemade o excesivo afán de protagonismo dos alcaldes, co apoio de secundarios de moi baixo perfil, en asuntos non relacionados coa xestión local xogou claramente en contra. Un protagonismo que asemade presentou carácteres claramente negativos: resulta indiscutible que, hoxe por hoxe, os tres portavoces municipais e os seus equipos aparecen publicamente como grandes responsables da critica situación que atravesa En Marea. Algo, que por caso, non se lle pode achacar aos de Vigo e Pontevedra en relación as súas respectivas organizacións (PSOE, BNG) senón todo o contrario. Si se di que Roma non pagaba traidores tamén é certo que os votantes de esquerdas non perdoan segundo que comportamentos. Non por casualidade o voto perdido por estas tres organizacións municipalistas foi ao PSdG-PSOE e o BNG.


Alcaldesmareas





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE