Resulta que os “Antisistema” eran eles!

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Archivo - Sede de la Consellería de Sanidade y del Servizo Galego de Saúde (Sergas), en San Lázaro, Santiago de Compostela.
Archivo - Sede de la Consellería de Sanidade y del Servizo Galego de Saúde (Sergas), en San Lázaro, Santiago de Compostela.


 

Antisistema: persoa ou grupo de persoas cunha ideoloxía, desconforme ca orde política ou social establecida. Tratan de cambiar o status quo. (Wikipedia).


 

Gobernar é intentar conseguir a mellora da calidade de vida dos cidadáns ós que se goberna. Esa maioría social forma parte dun ente, que valora que os administradores, aos que pagamos para facer a xestión de gobernar, o fagan ca mellor das dilixencias e que dean de si o mellor para esa maioría silenciosa que, cada 4 anos, deposita a súa confianza nesas persoas e que moitas veces quedan decepcionados, pois en lugar de mirar polo benestar da xente, miran só, pola do seu partido político e moitas outras por si mesmos.


 

O Movemento 15M foi un berro desesperado do pobo, contra os privilexios duns poucos. “Non somos antisistema, o sistema é antinós”.”Non nos representan”. Fai dez anos, a sociedade no estado, dixo basta xa e denunciou un sistema imperfecto, os seus abusos e as súas prácticas vergoñentas. Temos exemplos abondo, de personaxes que aproveitándose do seu cargo (case sempre a dedo e grazas ao “favor do seu xefe”) son colocados para un traballo, que lles queda grande e que non cumpren os propósitos para os que foron contratados. 


 

O que sucede ca Sanidade Pública na Galiza, cun orzamento de 14.000 millóns de euros para o 2026, é que non se poden resolver os gravísimos problemas de desmantelamento, colapso, ineficiencia e privatización que ten; é un exemplo de ir en contra das maiorías. Que as listas de agarda sexan as maiores da serie histórica, que o gasto por habitante na Galiza sexa o segundo máis baixo do estado español, que non teñamos un Programa de Saúde Mental axeitado ás condicións do País... Evidentemente si a estratexia do SERGAS é a privatización: para a maioría da xente o están facendo mal, pero para os seus intereses, de partido e persoais, o están facendo de 10! 


 

A fórmula que utiliza o PP para atender ás persoas maiores na Galiza, xa dixemos moitas veces, que era a peor que se pode utilizar. Cero Residencias Públicas creadas polos gobernos do PP nos últimos 16 anos. Pero a Xunta, vai conceder 103 m. de e. ás Residencias privadas no ano 2026 en detrimento dunha política social que os cidadáns ós que se dirixe, consideramos catastrófica. Así, podemos dicir que os antisistema están no goberno da Galiza.


 

A prevención é unha máxima dos bos xestores. O SERGAS, ten previsto que as consultas de AP, medren no 2026, un 12%. Como sabemos que a falta de profesionais sanitarios é a causa principal do deterioro sanitario, si prevén que aumenten as consultas, deben programar o aumento de persoal. Pois NON. E non so iso, o orzamento dedicado a AP, sube un 4,7%, que si descontamos a subida do IPC...pouco nos pasa! Desde o ano 2022, o SERGAS perdeu 62 facultativos de AP. Está claro que gobernan para a minoría máis rica do País, que, neste caso, pode permitirse ir a privada, pero para o resto, non resolven os problemas que afectan o Sistema.


 

E que están facendo os Antisistema que nos gobernan no sector privado sanitario? Para o ano 2026, a privada vai recibir destes “bos xestores” 262 m. de e.: récord absoluto que a consellaría de sanidade daralles de cartos públicos... si os invertira na Pública, mellor nos iría. 


 

Pero non só no sector sanitario temos Antisistema. A Xunta continúa co seu traballo de lobbista a favor de Altri: a última acción é que vai a alegar contra a exclusión eléctrica de Altri que dispuxo o goberno estatal. Actúa en contra do xa manifestado rexeitamento da cidadanía a un proxecto contaminante que non queren en Portugal e que o lobbi da Xunta tenta implantar, contra toda lóxica, na Galiza. O 14 de decembro, volveremos a berrar na rúa, alto e claro, a estes Antisistema o que pensamos!


 

No tema da Dependencia, sabemos que dende o ano 2017 ó 2024, faleceron esperando ser avaliadas, 6.571 persoas. Datos da Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais. Tárdase de media 349 días en resolver un expediente. Sen comentarios…


 

Para que unha economía sexa forte, non se pode gastar máis do que se ingresa. Pois ben, a débeda galega está nos 12.880 m. de e. (aumentou en 1.000 m. de e. no primeiro semestre do 2025), sendo xa o 15,3% do PIB (segundo datos do Banco de España). Pero aínda así, xente que dende logo non quere beneficiar ós seus gobernados, son capaces de rexeitar unha quita de 4.010 m. de e. Incomprensible...a non ser que se faga a propósito, para non beneficiar a maioría do País! Quen son os Antisistema?


 


 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE