Folga e protestas na Atención Primaria este xoves 23 de abril contra o "decretazo" na PAC

O acordo alcanzado pola Xunta "non resolve o problema de fondo" nestes centros, segundo a plataforma de afectados. 


|

WhatsApp Image 2026 04 16 at 11.16.39
Foto: Plataforma 'PACs Contra ou Decretazo'

 

Este luns o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou a aprobación do decreto que contempla a regulación que estende o horario de apertura e funcionamento dos Puntos de Atención Continuada (#PAC) durante a mañá dos sábados. A proposta busca, segundo o Goberno de Galicia, "reforzar a continuidade asistencial na atención primaria" cunha medida moi discutida e que mereceu moitas horas de reunións, resolvendo o asunto cunha serie de melloras pactadas co visto e prace dos sindicatos CSIF, CCOO e UXT. O voto en contra atopámolo na CIG, que se opuxo ao acordo despois de semanas de mobilización e nun contexto no que naceu a Plataforma 'PACs Contra ou Decretazo', organización que non deu o seu brazo a torcer e que abandera as protestas contra a Xunta. 

 

 

FOLGA E PROTESTA

Desde a plataforma fixeron público o seu apoio á protesta anunciada para o xoves 23 de abril, día no que hai convocada unha folga na Atención Primaria e unha concentración ante a sede do SERGAS en Santiago de Compostelas ás 11 horas. 

 

Desde a organización pon en cuestión o acordo alcanzado na mesa sectorial porque, ao seu xuízo, "non dá resposta ás demandas do persoal da PAC", considerando os cambios na organización sanitaria que contempla o pacto e polos que piden a "retirada do decreto", tachado de "decretazo" durante as últimas semanas, por "non resolver o problema de fondo" e o risco de que o resultado sexa un incremento da carga asistencial.

 

 

Os contras do acordo, segundo detalla a plataforma composta por médicos, persoal de enfermaría, persoal de servizos xerais, celadoras, condutores e telefonistas, pasan por unha "redución da actividade" nalgúns centros, "unha menor dispoñibilidade de profesionais e maior presión dos equipos existentes" ou o efecto que terá sobre os usuarios, obrigados a "desplzarse para recibir asistencia". 

 

WhatsApp Image 2026 04 16 at 11.17.15
Foto: Plataforma 'PACs Contra ou Decretazo'

 

"A situación actual require unha revisión máis ampla do modelo asistencial", engade o colectivo, á vez que reclama a Sanidade que volva á mesa de negociación cos afectados e advirten que non afrouxarán nas súas protestas "até lograr cambios na proposta normativa".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE