Achan sen vida á muller desaparecida en Porto do Son desde o pasado venres
Este sábado retomouse a procura coa incorporación da Unidade Operativa de Drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega)
A muller desaparecida este pasado venres na parroquia de Portosín, en Porto do Son foi achada sen vida.
Segundo trasladou o 112 Galicia no seu boletín informativo, tiveron constancia da desaparición ao redor das 22.00 horas. As tarefas de procura empezaron na propia noite, a cargo da Garda Civil e o GES de Noia, aínda que finalizaron sen éxito.
Este sábado retomouse a procura coa incorporación da Unidade Operativa de Drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
Así, facía o final da mañá uns veciños da zona atopárona nun regato, aínda que xa se estaba falecida.
Escribe o teu comentario