Novos documentos proban o financiamento en negro no PP de Galicia
Os documentos presuntamente roubados a Bárcenas pola Policía na operación Kitchen corraboran as declaracións de Pablo Crespo na Comisión de Investigación no Congreso.
Os documentos presuntamente roubados a Bárcenas pola Policía na operación Kitchen corraboran as declaracións de Pablo Crespo na Comisión de Investigación no Congreso.
Entre esa documentación está unha carta manuscrita polo ex-xerente do PP galego ao seu homólogo estatal. Nela o contable galego pide desculpas e remítelle copia da contabilidade en negro do partido en Galicia.
Isto corrabora o revelado por Crespo e que xa se intuía na investigación inicial da Gürtel; que o PP estatal asumiu como propia unha débeda do PP galego non reflectida na contabilidade oficial. De feito, o número 2 da trama insistiu que os conservadores aínda lles deben parte desa cantidade, produto da organización de actos electorais.
Segundo adianta El Mundo, o propio Bárcenas tacharía o seu nome na documentación que lle enviou o xerente do PPdeG, nun intento de desvincularse do diñeiro negro.
É necesario lembrar que esta documentación en concreto nunca entrou nos xulgados. A Xustiza requiriulla o venres a El Mundo. Está por ver se con estes papeis os xuíces abren unha investigación formal sobre o financiamento do PP galego e a Gürtel, algo que non fixeron ata hoxe a pesar dos evidentes indicios iniciais, quizais porque as supostas ilegalidades son de hai moitos anos, na parte final da era Fraga.
A orixe destas novas probas é turbio. O xornalasegura que proveñen de a Operación Kitchen, un suposto operativo montado polo Ministerio do Interior coa colaboración do polémico comisario Villarejo durante o Goberno de Mariano Rajoy para roubarlle documentación a Luís Bárcenas a través do seu chófer e evitar que así tirase da manta. Tamén habería anotacións persoais da muller do recluso, que corraboran pagos en B no PP de Madrid, Valencia e Galicia; os chamados papeis de Rosalía.
Escribe o teu comentario