Unha galega soa como probable ministra no novo goberno de Pedro Sánchez

Pedro Sánchez xa presentou un goberno. Ben máis ben un goberno na sombra. Foi no verán de 2016 na precampaña electoral, un gabinete para un cambio que os electores descartaron. E nel había unha ministra galega.


|

Pedro Sánchez xa presentou un goberno. Bo, máis ben un goberno na sombra. Foi no verán de 2016 na precampaña electoral, un gabinete para un cambio que os electores descartaron. 



Pilar Cancela, na comisión do pacto contra a violencia machista



Naquel equipo de 20 persoas había unha galega, Pilar Cancela, que agora soa con forza para ocupar un posto no novo executivo. A ex-responsable da xestora do PSdeG ía ser a encargada de Agricultura, Gandería e Pesca.


A deputada non ten o posto asegurado, nin moito menos. Entre outros factores, porque o PSOE xa filtrou que pretende facer un goberno pequeno e non cos 20 ministerios que tiña aquel esbozo.


A avogada coruñesa (Stuttgart, 1967) reúne méritos suficientes desde a perspectiva sanchista. Cando ao hoxe presidente do Goberno chovíanlle críticas en todas as frontes pola súa obstinación en formar goberno pese ao mal resultado do PSOE naquelas eleccións, Cancela foi un dos poucos dirixentes galegos -quizais o único- que publicamente daba a cara polo madrileño.


TRAXECTORIA DE PILAR CANCELA

Ao seu favor xoga tamén a súa experiencia en altos cargos da administración. Ocupou a Secretaría Xeral do Consello Galego de Relacións Laborais e  en dúas ocasións a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta.


Ademais, Cancela soubo capear o temporal da crise do PSdeG, gobernando a xestora ata que as primarias gañounas un sanchista, Gonzalo Caballero. No xogo de tronos do socialismo estatal, Galicia é territorio favorable a Pedro Sánchez. Aquí arrasou nas primarias fronte aos susanistasoutro argumento máis a favor de que Cancela ascenda a un ministerio.


Por agora, todo son rumores, que durarán pouco. Fontes do PSdeG indican que a intención de Sánchez é presentar goberno canto antes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE