Pedro Sánchez gaña a Rajoy

Carmen P. Flores


Pedro sanchez mocion censura psoe contra rajoy


Pedro Sánchez gañou a moción de censura a Mariano Rajoy. O que lle leva directamente a ocupar as dependencias de Moncloa, como presidente do goberno español. Isto será posible cos votos a favor de Podemos e os partidos nacionalistas e independentistas.


A incerteza sobre a intención de voto PNV, ERC e a PDeCAT planeaban na mañá do xoves no congreso dos deputados, ata que minutos antes do inicio da sesión vespertina, filtrouse que os vascos votarían favorablemente a Sánchez.


O resto dos partidos, que finalmente votaron favorablemente este venres, foron pronunciándose ao longo das súas intervencións. Ao final Sánchez conseguiu o seu obxectivo; chegar á presidencia do goberno. Algúns dos partidos deixáronlle ben claro que o seu voto pódese identificar como un voto contra Rajoy máis que a favor do líder socialista.


O resultado final, non gustou o máis mínimo ao PP, e tampouco a Ciudadanos que ata onte, as enquisas situábano no ceo político, que de momento non vai tocar,  Albert Rivera, que non foi o protagonista de tan importante acontecemento. El quería eleccións para chegar a Moncloa. Non puido ser, de momento.


A alegría que poden ter, agora, os socialistas, pode truncarse. O sucedido é un dardo envelenado. O contar cunha posición de minoría, obrígalle a depender dos votos dos nacionalistas/independentistas. A que custo?, nada é gratis. Unha vez sacado do medio ao “inimigo”, Rajoy, non lle van a conceder os días de graza a Sánchez. Van pedir, o que non é posible que poida darlle como presidente. Entón empezará o baile e a pregunta: que hai do meu?, baixo a “ameaza" de deixalo na estacada. Se pola contra cede a algunhas das peticións, Pedro Sánchez, non só terá problemas cos baróns do seu propio partido, senón cos seus militantes e votantes. Situación que sería aproveitada por Ciudadanos e poñería en serias dificultades ao novo presidente.


Pedro Sánchez ten que fixar data para as próximas eleccións, cando? Aí ten outro problema. O marcar os tempos é moi importante, é unha estratexia que debería ter planificada. Pero quen ten, agora, esa capacidade?.


Europa mira nestes momentos con preocupación como vai quedar a situación política en España, o devir do goberno socialista e preocúpalle a estabilidade despois de ver o que está a suceder en Italia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE