Unhas 2.000 persoas saen á rúa en Santiago en defensa das pensións
Para o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, o sistema é "perfectamente viable" e só está cuestionado por "intereses económicos".
Unhas 2.000 persoas percorreron este sábado pola mañá as rúas do centro de Santiago para defender un sistema público de pensións, emprego "de calidade" e salarios "dignos".
Así o explicou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen tamén subliñou que o feito de que a viabilidade do sistema público de pensións se debata de novo na Comisión do Pacto de Toledo lévao a "temer o peor".
De feito, sostén que detrás deste tipo de "campañas" que defenden, precisou, que o sistema público de pensións "non ten futuro" existen "intereses económicos moi importantes" de "grandes empresas".
Ante iso, defendeu que o sistema público de pensións é "perfectamente viable", simplemente se teñen que poñer en marcha unha políticas laborais "distintas".
Escribe o teu comentario