13.000 firmas piden á Valedora o seu apoio para a blindaxe constitucional das pensións


A Mesa Estatal Pro-referendo das Pensións pide ademais que se garanta constitucionalmente "o poder adquisitivo" dos pensionistas



|


CarlosvazquezvaledoradopoboMERP 1


A Mesa Estatal Prol-referendo das Pensións (MERP) entregou este xoves máis de 13.000 firmas á Valedora do Pobo para pedirlle o seu apoio á campaña que reclama "blindar" as pensións dentro da Constitución española.


Na mañá deste xoves representantes de varias das 170 organizacións integradas na MERP mantiveron un encontro en Santiago coa Valedora do Pobo, Milagres Otero, na que, ademais entregar as firmas recollidas na campaña, trasladáronlle a petición de que emita un informe favorable para "garantir constitucionalmente o medio de vida dos pensionistas".


Ás portas da sede do comisionado parlamentario e rodeado por representantes de Unión Sindical Obreira (USO), Recortes Cero, Unificación Comunista, Autónomos de Galicia e o Ateneo XXI de Santiago; o portavoz da MERP Galicia, Carlos Vázquez, indicou que a intención é que a valedora emita un escrito de apoio para a comparecencia da mesa ante a Comisión do Pacto de Toledo, que ten previsto manterá encontros ata o próximo mes de marzo.


E é que esta campaña solicitou xa "máis de medio millón de firmas" en toda España que foron entregadas ao Defensor do Pobo. Paralelamente a Santiago, noutras once comunidades autónomas tamén se realizaron este xoves actos similares.


Así, tras aclarar que dentro da organización "hai diversas sensibilidades" pero que existe un "punto mínimo de acordo" que radica en que as pensións deben de estar "garantidas", Vázquez apuntou que a mesa mantivo reunións "con todos os grupos políticos" co obxectivo de que o Pacto de Toledo realice "un plan para a sustentabilidade das pensións".


Deste xeito, lembrou que a Constitución xa se reformou coa aprobación do "artigo 135" da Carta Magna para "pagar as débedas antes que calquera cousa". "Para calquera demócrata é máis importante o tema das pensións que os acredores", apostilou.


Para a mesa é necesario que tamén se garanta constitucionalmente "o poder adquisitivo" dos pensionistas, quen, desde o inicio da crise, "perderon un 30 por cento" da súa dispoñibilidade de recursos.


MOCIÓNS EN CONCELLOS


Ademais, a organización tamén está a impulsar a aprobación de mocións municipais en 30 concellos de toda España para que se unan á campaña de "blindaxe" das pensións. Polo momento, as Corporacións locais de seis municipios aprobaron estas mocións; entre elas, o Concello de Pamplona onde, como lembrou Vázquez, saíu adiante cos votos de todos os grupos políticos, incluídos Bildu, Podemos ou UPN.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE