As cifras oficiais mostran unha preocupante explosión de casos de coronavirus que empeza a meter presión aos hospitais nun momento que teñen centos de camas pechadas. No que vai de ano, case 200 galegos morreron por esta enfermidade.
Hai medidas que as empresas poden tomar para reducir o absentismo laboral, como apoiar na tecnoloxía, comunicar cos empregados e fomentar o compromiso empresarial.
A práctica totalidade dos falecidos nos últimos meses eran persoas maiores, incluído un centenario falecido recentemente en Vigo.
Os 108 casos abertos comunicados este luns son case a metade que os coñecidos o pasado luns. Esta fin de semana fixéronse poucas PCR pero o importante, as medias dos índices de transmisión seguen á baixa sen que a taxa de positividade rebote. Pódese concluír por tanto que os contagios seguen reducíndose.
O descenso da transmisión da covid-19 en Galicia está a perder cada vez máis velocidade. Nos índices de hoxe destaca o 41% de PCR positivas, o terceiro peor porcentaxe de toda a pandemia.
Tras tres días de apagamento informativo, pois as administracións non dan datos do coronavirus os festivos, a última actualización da Xunta confirma o empeoramento que vimos arrastrando desde antes de entroidos.
Os 1.227 casos abertos comunicados este venres son 200 máis que o pasado venres. Contribúen pois que a incidencia acumulada semanal creza por terceira xornada consecutiva, tras o bajón artificial que produciu o cambio de método pactado por Xunta e Estado. A taxa de positividade tamén crece e, de feito, bate o seu récord desde os rexistros da primeira onda, cando case non había probas.
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas móstranos mellorías en varias comarcas da área de Santiago e A Coruña, como a Costa da Morte ou Bergantiños, que están a ser unhas das máis castigadas este mes. Pola contra, os datos da comarca de Bergantiño, A Coruña e Santiago seguen á alza.
Os datos da covid-19 divulgados hoxe non son tan malos como os de onte e axudan a que os índices semanais case non crezan, como a incidencia acumulada, ou mesmo baixen un pouquiño, como a taxa de positividade. Con todo, os casos abertos comunicados volven superar os 2.000. Parece que nos estabilizamos en torno desa cifra, que superamos en oito dos nove días anteriores. A alza de transmisión xa se nota na presión hospitalaria, aínda que de maneira paulatina. Galicia soporta 65 hospitalizados en planta máis que o venres pasado e 2 máis que onte.
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas indícanos que o empeoramento é xeneralizado, non exclusivo dunha área concreta. Os únicos concellos que aguantan á baixa tenden a ser moi rurais e pequenos. Bergantiños, Ou Ribeiro e o interior de Arousa son as únicas comarcas que manteñen unha tendencia clara de descenso.
Os casos activos seguen crecendo dunha maneira relevante e que ademais acelera. Desde unha perspectiva semanal, que é a máis correcta, cada día hai un 2,5% máis, unha alza que non soportabamos desde finais de xaneiro.
Este brusco e rápido empeoramento a nivel galego empeza a tinguir de vermello o mapa da razón de taxas. En termos xerais, o repunte está a ser máis agresivo nas zonas urbanas e na costa. De feito, só queda unha cidade onde a covid-19 aínda retrocede, en Santiago, e de maneira moi exigua (-2%).
Este empeoramento nótase en todos os distritos salvo Ferrol e é especiamente grave na área de Santiago, o que resta credibilidade ao vínculo entre a alza e o entroido que onte apuntou a Xunta, aínda que é certo que os concellos de Xinzo e a capital de Ourense son dos que máis empeoran hoxe.
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas de hoxe móstranos unha franca melloría no eixo atlántico, con algunhas excepcións puntuais, sobre todo na provincia da Coruña e, máis concretamente, na área sanitaria de Santiago.
Por que os adolescentes lideran os datos de positivos cando xa están vacinados e sofren menos síntomas? A hipótese máis plausible é que as aulas están a ser un motor de contagios. Algo que corrobora o feito de que o segundo grupo con máis incidencia son os nenos menores de 11.
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que os niveis de transmisión seguen sendo enormes en case todo o país a pesar de que a tendencia a nivel galego hai tempo que é á baixa. Unicamente o suroeste de Ourense e algunhas zonas montañosos de Lugo e Pontevedra conseguiron baixar de 250 casos por 100.000 habitantes, o peor nivel da escala.
Por vez primeira nesta onda, Galicia encadea catro días seguidos na que os seus hospitalizados en planta caen. Clara confirmación de que alcanzamos o pico.
Os casos activos de covid-19 volven subir e fano de maneira notable, con case 1.500 enfermos máis nun só día. Non subían tanto desde hai dúas semanas. Isto contribúe a que esteamos a piques de volver ver a soportar máis e máis enfermos desde un punto de vista semanal, que é o fiable.