Soben os casos de covid desde unha perspectiva diaria e están preto de subir tamén desde a semanal en Galicia


Os casos activos de covid-19 volven subir e fano de maneira notable, con case 1.500 enfermos máis nun só día. Non subían tanto desde hai dúas semanas. Isto contribúe a que esteamos a piques de volver ver a soportar máis e máis enfermos desde un punto de vista semanal, que é o fiable.


|


B3V6q porcentaxe de cambio diario de casos activos de coronavirus en galicia



Os casos activos de covid-19 volven subir e fano de maneira notable, con case 1.500 enfermos máis nun só día. Non subían tanto desde hai dúas semanas.  Isto contribúe a que esteamos a piques de volver ver a soportar máis e máis enfermos desde un punto de vista semanal, que é o fiable.



Os 5.889  novos casos abertos comunicados hoxe confirman que a transmisión a penas baixa -de feito a incidencia a 14 días hoxe sobe- e segue nuns niveis altísimos. 


Nos hospitais seguen sen alcanzarse un pico desde a perspectiva semanal. Hoxe hai 4 hospitalizados en planta menos que onte, pero 40 máis que hai unha semana.





incidencia acumulada semanal  baixa só seis puntos hata 1.378 positivos por cada 100.000 galegos  . De acordo a o  semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto, o peor posible. Tras alcanzar un pico para mediados de xaneiro, empezou a baixar de maneira relevante pero leva días practicamente estancado nunha meseta elevadísima. Algo insólito.


incidencia acumulada a 14 días tamén sobe un pouco, 43 puntos ata situarse en  2.883 .  Continuamos en risco moi alto. O máis preocupante é que a melloría tras o pico do 21 de xaneiro estase esfumando.


O dobre da incidencia a 7 días  é moi parecido a a incidencia a 14 días. Sabemos pois que na última semana houbo máis ou menos os mimos positivos que na penúltima.  A razón de taxas é de 0,96 , por tanto na última semana houbo un  4% de positivos menos que na penúltima. Fai xa  dez días que o ritmo de melloría é moi lento, oscilando entre o -10% e o estancamento.


A taxa de positividade onte foi de o  19,3 % das PCR . A media semanal segue tamén en risco moi alto neste indicador, estancado hai días no rango do 20%  ao 19 %, hoxe 19,4%. Isto débese en boa a medida a que o SERGAS ha renuciado a facer todas as PCR que pode. Chegou a completar máis de 16.000 de media ao día e agora anda nas 7.000.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un +2,39 %. Isto axuda a que a media semanal empeore achegándose perigosamente a 0, pasa de -1,2% a -0,5%.





Son moi malas noticias, pésimas en verdade. Se a media semanal chega a 0 e entra en güarismos positivos mañá, significará que o SERGAS ten que lidar con máis e máis enfermos a cada día que pasa. Este cambio de rumbo sería algo inédito, moi diferente do comportamento de pasadas ondas.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de + 1.439 . O total é de  casos activos é de 61.716  . 


DATOS POR ÁREAS

Vigo (1.637 ) Santiago (1.123) e  A Coruña (1.102) son outra vez os tres distritos que suman máis de 1.000 diagnósticos nun día. Ningún distrito ten unha presión en UCI preocupante -aínda que na Coruña hai 12 persoas críticas. Hai dúas áreas que si teñen unha presión hospitalaria en planta moi relevante, Santiago e A Coruña, con máis de 100 enfermos en cama convencional.



Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS nuns minutos noutra noticia de Galiciapress.


ANÁLISISS

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  •  Realmente a pandemia alcanzou un pico de contagios a finais de xaneiro e estamos en fase de descenso? A pírrica baixada actual da transmisión non se deberá só ao envurullo provocado polo cambio na forma de combater a pandemia que provocou un esborralle das PCRs? 
  • Se houbese un pico na transmisión, unha semana despois, aproximadamente, debería haber un pico nas hospitalizacións. Máis de dúas semanas despois do suposto pico de transmisión, aínda non hai pico de hospitalizacións.
  • O feito de que a evolución da curva da derivada de casos activos estea a piques de entrar a 0 confirma a sospeitas de que a pandemia non está a retroceder. No mellor dos casos, está a retroceder de maneira case imperceptible. 
  • Este comportamento é moi inusual en comparación con outras ondas. Hai varias posibles hipóteses para explicar esta diferenza. É a primeira vez que hai un pico cunha variante tan contaxiosa como Ómicron. Se os descensos sempre foron máis lentos que as subidas con outras variantes, con Ómicron é lóxico esperar que a caída sexa aínda máis pausada.
  • A outra hipótese, non excluínte, é que o levantamento das poucas restricións lastra a baixada, condenando a Galicia a soportar niveis altísimos de transmisión durante máis tempo.
  • Importan os niveis altísimos  de transmisión cando Ómicron é moito menos virulenta? Importa, pois tal nivel de contagios está a provocar unha cifra de hospitalizados importante -aínda que non suficiente para poñer ao SERGAS en risco de colapso- e unha cifra de mortos non vista desde febreiro. En xaneiro morreron 176, persoas. A media diaria é de case seis falecementos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE