4.500 galegos sofren esclerose múltiple, con especial incidencia en Ourense, revela a a Sociedade Galega de Neuroloxía

Profesionais sanitarios, enfermos de esclerose múltiple, familiares e asociacións reuníronse este venres en Vigo nun simposio organizado pola Sociedade Galega de Neuroloxía para abordar o uso de 'apps' e novas tecnoloxías no seguimento da enfermidade, así como as novidades en tratamentos.

|

Simposio da Sociedade Galega de Neuroloxía celebrado en Vigo e dirixido a asociacións, familiares e pacientes de esclerose múltiple.

Profesionais sanitarios, enfermos de esclerose múltiple, familiares e asociacións reuníronse este venres en Vigo nun simposio organizado pola Sociedade Galega de Neuroloxía para abordar o uso de 'apps' e novas tecnoloxías no seguimento da enfermidade, así como as novidades en tratamentos.


No encontro, no que participaron decenas de persoas, trasladáronse as últimas novidades en tratamentos, entre eles o novo fármaco de Novartis (que se presentará o 29 de abril), coa finalidade de que os enfermos coñezan os recursos á súa disposición e sexan protagonistas do proceso asistencial.

A neuróloga do Hospital Álvaro Cunqueiro, Elena Álvarez, subliñou que este tipo de encontros son un "fito", porque se dirixen de forma específica aos pacientes, familias e asociacións, e conéctanos cos profesionais médicos e de enfermería, que "traballan xuntos" na abordaxe desta enfermidade, que ten especial incidencia en "persoas mozas".

Precisamente, destacou a boa acollida dos enfermos, que son persoas "formadas" e "conectadas", e que demandan información, coñecer novos tratamentos e estar ao tanto de todo o que afecta ao día a día da esclerose múltiple.

Con todo, e a pesar dese alto grao de coñecemento, Elena Álvarez advertiu de que a evolución nos tratamentos, desde os primeiros fármacos a mediados dos 90 ata a actualidade, é "abismal", e sinalou que, nesa "revolución", empezan xa a aparecer fármacos para pacientes que antes non tiñan tratamento, como os que inician a enfermidade cun brote e empeoran de forma progresiva.

No simposio tamén se abordou o uso de 'apps' para o seguimento da enfermidade, e a enfermeira Elena Allegue explicou como se poden usar estas ferramentas tecnolóxicas para cuestións como preparar as consultas de Neuroloxía, conseguir adherencia aos tratamentos, ou recibir información. O enfermeiro César Sánchez, pola súa banda, explicou o papel destes profesionais na comunicación co paciente e a súa familia.

Ademais deste encontro, a Sociedade Galega de Neuroloxía celebra este venres e este sábado o seu XXXV Reunión Anual, con comunicacións orais e un simposio sobre novidades en enfermidades desmielinizantes; un foro sobre enfermidades neurolóxicas xenéticas; e a conferencia maxistral do neurólogo do hospital Ramón e Cajal, Guillermo García, acerca da enfermidade de Alzheimer e os seus tratamentos.

Segundo apuntou a Sociedade Galega de Neuroloxía, en Galicia hai unhas 4.500 persoas afectadas por esclerose múltiple, sendo as áreas sanitarias de Vigo e A Coruña, as que máis pacientes teñen. Con todo, teniendo en cuenta a poboación, a incidencia máis alta dáse na área de Ourense.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE