Covid municipios: Santiago (-24% de positivos semanais) lidera a melloría aínda que hoxe soben os casos activos nas áreas de Lugo e Ourense
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas de hoxe móstranos unha franca melloría no eixo atlántico, con algunhas excepcións puntuais, sobre todo na provincia da Coruña e, máis concretamente, na área sanitaria de Santiago.
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que a gran maioría de Galicia segue no peor nivel posible, por encima de 250 positivos por 100.000 habitantes. Este é o nivel -en negro no mapa- que no seu día usou a Xunta para valorar perimetrar concellos
As excepcións, que cada vez son máis frecuentes, aparecen sobre todo nas comarcas máis despobladas. Por exemplo A Baixa Limia, Trives ou O Courel. Todos os municipios que non rexistraron ningún positivo na última semana son concellos rurais do interior de Lugo e Ourense: Baltar, Calvos, Muiños, Sarreaus, Vilar de Santos, San Xoán de Río, Parada de Sil, Negueira de Muñiz e Muras.
Nota metodolóxica.- Os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,80 ; o que quere dicir que na última semana houbo un 20% menos de positivos que na penúltima.
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas de hoxe móstranos unha franca melloría no eixo atlántico, con algunhas excepcións puntuais, sobre todo na provincia da Coruña e, máis concretamente, na área sanitaria de Santiago.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Por exemplo, entre as cidades Santiago ten o verde máis escuro grazas ao seu descenso do 24%. Santiago é a urbe que máis tarde conquistou o pico desta onda polo que é lóxico que agora sexa a que baixe máis rápido. En todo caso, todas as cidades gozan de retiradas considerables dos positivos, a mínima o descenso do 11% en Lugo.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que hai varios municipios do suroeste da provincia da Coruña que están a empeorar. Por exemplo, Silleda (+32%), Touro (+21%), Melide (+19%) e Boimorto (+33%).
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1 ou próximos a 1, aparecen en branco no mapa. . Por exemplo, hoxe Monterrei ou Cerdedo.
En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Dado que os niveis de transmisión teñen ao baixa pero aínda son altímos, ter menos de 10 positivos no concello nunha semana é unha boa noticia. Boa noticia d ela que xa gozan moitos concellos rurais, sobre todo das zonas máis despobladas e montañosas de Lugo e Ourense.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo semanal respecto a ese cómputo onte:
- VIGO -182
- CORUÑA (A) -114
- LUGO -56
- SANTIAGO DE COMPOSTELA -51
- PONTEVEDRA -48
- OURENSE -45
- CULLEREDO -43
- ARTEIXO -37
- CARBALLO -31
- MARIN -30
- VILABOA -30
Municipios que máis soben hoxe o seu cómputo semanal respecto a ese cómputo onte:
- MELIDE +4
- SAVIÑAO (Ou) +4
- BURELA +4
- CORTEGADA +4
- FONSAGRADA (A) +5
- LOBIOS +5
- MACEDA +5
- MUROS +7
- BARALLA +8
- VILALBA +11
- VILA DE CRUCES +11
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A nivel galego a tendencia de casos activos é á baixa e afortunadamente non hai ningún distrito sanitario que se escape desta tendencia xeral, aínda que hoxe algún como Lugo e Ourense sofren pequenos repuntes, algo que non é excepcional nin implica necesariamente un cambio de tendencia a medio prazo, como mostra a gráfica.
Os casos activos no conxunto de Galicia seguen en descenso no marco desta sexta onda e sitúanse en 33.355, que constitúen 784 menos, ao haber de novo máis altas (3.234) que contagios (2.455), ao que se suman varios falecidos. O xoves pasado había 49.182 infeccións activas.
Con todo a tendencia descendente non se mantén na sete áreas sanitarias, xa que nas de Ourense (+59) e Lugo (+10) aumentan lixeiramente e nas outras cinco redúcense, coa de Vigo á cabeza (-311), seguida da da Coruña e Cee (-273), Santiago e Barbanza (-159), Pontevedra e O Salnés (-86) e Ferrol (-23).
Deste xeito, con máis casos activos continúa a área da Coruña e Cee, con 7.284; seguida da de Vigo, con 7.025; Santiago e Barbanza, con 5.871; Pontevedra e O Salnés, con 3.732; Ourense, con 3.707; Lugo, con 3.611; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.728.
POSITIVOS E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA HOXE
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Vigo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés; aumenta na de Lugo e mantense sen cambios na de Ferrol.
No caso da área da Coruña e Cee, aínda que aumentan a 12 os pacientes Covid en UCI --tres máis--, descenden a 136 os ingresados noutras unidades --13 menos--; mentres que na de Ourense mantéñense cinco en críticos e baixan a 89 os hospitalizados noutras unidades --catro menos--.
Na área de Vigo redúcense a seis os pacientes Covid en UCI --tres menos-- e a 74 os ingresados noutras unidades --dúas menos--; e na de Pontevedra e O Salnés caen a catro o críticos --un menos-- e a 88 os hospitalizados noutras unidades --cinco menos--.
E na de Santiago e Barbanza descenden a seis as persoas ingresadas pola Covid en UCI --una menos-- e baixan a 88 as hospitalizadas noutras unidades --dúas menos--.
Pola súa banda, na área de Lugo aumentan a dúas os pacientes Covid en UCI --uno máis-- e a 50 os ingresados noutras unidades de hospitalización --uno máis--. Mentres, na de Ferrol segue un en críticos e 37 noutras unidades, sen cambios.
Escribe o teu comentario