A nova onda covid crece sen explosividade por agora á espera da Semana Santa

Os datos da covid-19 divulgados hoxe non son tan malos como os de onte e axudan a que os índices semanais case non crezan, como a incidencia acumulada, ou mesmo baixen un pouquiño, como a taxa de positividade. Con todo, os casos abertos comunicados volven superar os 2.000. Parece que nos estabilizamos en torno desa cifra, que superamos en oito dos nove días anteriores. A alza de transmisión xa se nota na presión hospitalaria, aínda que de maneira paulatina. Galicia soporta 65 hospitalizados en planta máis que o venres pasado e 2 máis que onte.


|


J9Mfg incidencia acumulada a 7 d as en galicia (2)


Os datos da covid-19 divulgados hoxe non son tan malos como os de onte e axudan a que os índices semanais case non crezan, como a incidencia acumulada, ou mesmo baixen un pouquiño, como a taxa de positividade. 


Con todo, os casos abertos comunicados volven superar os 2.000. Parece que nos estabilizamos en torno desa cifra, que superamos en oito dos nove días anteriores.


A alza de transmisión  xa se nota na presión hospitalaria, aínda que de maneira paulatina. Galicia soporta 65 hospitalizados en planta máis que o venres pasado e 2 máis que onte. Faleceron 4 persoas no último día, unha cifra similar á media diaria do último mes.




incidencia acumulada semanal sobe, pero só unhas décimas ata  558,8  positivos por 100.000 habitantes. De acordo a o   semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto. Leva crecendo sen descanso desde hai 11 días, aínda que a súa alza non está a ser explosiva, explosividade que se sufrimos noutras ondas cando levaban tanto tempo crecendo como esta.





incidencia acumulada a 14 días tamén crece, doce puntos máis que onte ata 1.019 . É peor valor en máis dun mes tras encadear 20 días seguidos de ascensos. Continuamos en risco moi alto, que é o peor posible.


O dobre da incidencia a 7 días é algo maior que a incidencia a 14 días.  En concreto, a razón de taxas é de 1,1  ; por tanto na última semana houbo un  10% de positivos más que na penúltima.  É unha velocidade de empeoramento similar á dos días pasados esta semana. Seguimos empeorando pero, polo menos, o empeoramento non é máis grave a cada día que pasa.


A taxa de positividade onte foi do 13,6 % . A media semanal decrece unhas centésimas ata o 12,54 % .  Esta baixada é irrelevante no cuantitativo pero relevante no cualitativo, pois o primeiro descenso en 11 días. Risco alto para este indicador.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un +4,5 %.  A media semanal, que é o índice que realmente importa, segue crecendo, aínda que só unhas centésimas, ata o 1,43%. É o quinto día seguido que empeora, o que implica que o SERGAS ten que lidar a cada día que pasa con máis e máis pacientes. Con todo, esa cantidade de pacientes a maiores non está a crecer de maneira exponencial, como sucedeu no inicio doutras ondas. 





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +1.031  . O total é de  casos activos é de 23.680 , que son uns  2.000 máis que hai unha semana


DATOS POR ÁREAS

A Coruña (456 ) e Vigo (394) son os distritos que máis positivos comunican hoxe.  A Coruña é a área con máis presión hospitalaria, 97 pacientes en planta convencional e 5 en UCI. Os 21 pacientes críticos en Galicia supoñen un lixeiro repunte desde as cifras da pasada semana. Os 18 que chegamos a ter hai uns días serán probablemente o mínimo de críticos en todo o trimestre. 





Máis análise dos datos de hoxe  a nivel municipal e de distrito  ao longo da mañá en Galiciapress . 


ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia está nunha fase de crecemento, nunha nova onda. Con todo, polo menos por agora, o empeoramento está a ser moi paulatino, non exponencial. Noutras ondas, cando levabamos tanto tempo de empeoramento como agora, xa estabamos a sufrir unha explosión de contaxios.   
  •  A presión hospitalaria está en niveis moi manexables para o SERGAS, aínda que as cifras só empezaron ha empeorar  esta mesma semana. Pase o que pase coa transmisión, aínda quedan un par de semana de ascensos de hospitalizados en planta e polo menos tres semanas de ascensos de pacientes críticos, no mellor caso. 
  • Que podemos esperar dos próximos días?  A estatística apunta a que os datos de transmisión seguirán empeorando, aínda que non dunha maneira exponencial. Con todo, o feito de que índices semanais como a incidencia ou a taxa de positividade non crezan hoxe dános esperanzas de que poida haber un cambio de tendencia a mellor.
  • O empeoramento paulatino de Galicia tamén está a suceder noutras autonomías, a nivel estatal  e en países co Reino Unido. É por tanto unha alza xeneralizada en moita partes do continente. Por iso a OMS alertou esta semana de que a pandemia non terminou
  • Este empeoramento global pódese deber en parte á difusión da variante 'Omicrón silenciosa', unha mutación máis transmisible aínda que Ómicron aínda que parece que non causa infeccións máis graves.
  • O verdadeiro risco agora é que se produza unha explosión de contaxios masiva que, aínda que gozamos de porcentaxes de hospitalizacións moi baixos, provoque outra vez problemas no sistema sanitario, como os que está a sufrir Corea do Sur. Unha hipótese que vistos os elevadísimos niveis de transmisión, o lenta pero evidente tendencia á alza e a proximidade da Semana Santa non se pode descartar. Sempre que hai vacacións, hai máis mobilidade e hai máis contaxios. De aí os chamamentos á prudencia realizados por o conselleiro.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE