A inmunidade de grupo fronte á covid segue sendo unha explicación plausible do actual gran caída de contaxios

Os 108 casos abertos comunicados este luns son case a metade que os coñecidos o pasado luns. Esta fin de semana fixéronse poucas PCR pero o importante, as medias dos índices de transmisión seguen á baixa sen que a taxa de positividade rebote. Pódese concluír por tanto que os contagios seguen reducíndose.

 


|

Quedan 377 hospitalizados en planta. É a menor cifra desde que estreamos forma de contar ingresados na primavera. Con todo, segue sendo un número notable. Afortunadamente, non hai indicios de que este índice vaia rebotar pronto, aínda que xa non baixe tan rápido como a semana pasada.

 

A curva de falecidos hoxe non se move. O SERGAS comunica o mesmo total de mortos que hai tres días. Isto é un espellismo, produto de que a Xunta non facilita datos de falecementos de venres a martes. Mañá comunicará unha cifra considerable, pois aínda valorando os tres días de silencio, a media semanal está en 3,5 decesos por xornada.

 

 

 

A incidencia acumulada semanal descende ata 85 positivos por 100.000 habitantes.  A incidencia acumulada a 14 días tamén decrece, a 221. Son as cifras máis pequenas desde que Estado e Xunta pactaron a forma actual de contar na primavera. As dúas curvas non pairan a baixar desde principios de mes, cunha condición. A incidencia a 7 días subiu o sábado debido a unha cifra excepcionalmente alta de contaxios ese día, aínda que afortunadamente ese rebote non tivo continuación ao día seguinte.  

 

 

E0E5V incidencia acumulada a 7 d as en galicia (8)
E0E5V incidencia acumulada a 7 d as en galicia (8)

O dobre da incidencia a 7 días é bastante menor que a incidencia a 14 días. A razón de taxas é de 0,21 ; por tanto na última semana houbo un   19% de positivos menos que na penúltima. Sendo como é unha boa porcentaxe de melloría xa non é tan veloz como o do pasado luns, cando estabamos en -25% semanal. Seguimos mellorando perceptiblemente, pero a menor velocidade.

 

A taxa de positividade onte foi do  13% . É a mellor porcentaxe desde que implantou o actual sistema de PCR. O que importa, a media semanal, tamén decrece de maneira clara. Isto permítenos estar seguros de que a actual forte redución de positivos non se debe a menos probas, ou polo menos non se debe só a isto.  

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimos máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.   

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -12 % o que axuda a que o índice que verdadeiramente importa, a media semanal, aguante na contorna do 6,7%.

 

 

 

Isto quere dicir que seguimos mellorando. Xa non tan rápido como a mediados de xullo, cando chegamos a descensos semanais do -7,5%, pero aínda a unha velocidade notable. Ademais, a freada do ritmo de melloría, aínda que perceptible, é débil; o que indica que non está a se cocer unha nova onda por agora.

 

DATOS POR ÁREAS

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase como a melloría mantense en todos os distritos por igual. Aínda que a mobilidade social, principal motor dos contaxios, é máis elevada nuns que noutros, todos están a gozar dunha considerable melloría que aínda non tocou chan, aínda que xa non é tan puxante como nas semanas pasadas.

  

 

A Coruña (53) e Santiago (35) son os distritos que máis positivos comunican hoxe. A Coruña é a área con máis presión hospitalaria e non chega aos 90 hospitalizados en planta e catro en UCI. En Ferrol xa non hai críticos.

 

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia está  nuns niveis de transmisión relativamente baixos, sobre todo en comparación dos contagios masivos que houbo nas ondas de primavera e xuño.
  •  A melloría non terminará pronto. Non hai ningún indicio de cambio de tendencia. Si hai sinais claros de que os días de descensos máis rápidos son xa cousa do pasado. Agora ben, os rebotes nas derivadas son leves, o que indica que non hai ningunha onda ao virar a esquina. 
  • Por agora, a hipótese de que a caída da transmisión pode ter que ver con certa inmunidade de grupo produto da transmisión masiva dos últimos meses resiste. En teoría, non hai outra explicación, polo menos a primeira vista, de que a transmisión caia e caia cando a mobilidade social crece e crece. Ademais, a inmunidade polas vacinas, pola contra, decrece e decrece. 
  • Se alcanzamos certa inmunidade de grupo, implica o fin da pandemia? Non. Nosas defensas tamén perden robustez a medida que se afasta o momento da infección, sexa vacunal ou natural. Ademais, poden aparecer novas subvariantes de Ómicron ou mesmo novas cepas. Con todo, os esperable -aínda que non necesariamente ten porque ser así- sexan cambios que supoñan máis transmisibilidade pero menos letalidade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE