A Coruña contará cun mercado de Nadal ao estilo de Centroeuropa
O Concello organiza esta iniciativa do 28 de novembro ao 2 de xaneiro na praza de María Pita.
O Concello da Coruña organiza un mercado de Nadal de estilo centroeuropeo do 28 de novembro ao 2 de xaneiro na praza de María Pita.
A iniciativa contará con case 50 casetas de artesanía, gastronomía e actividades infantís e busca, sinala o gobiero local, "dinamizar o centro da cidade durante as festas".
"Este mercado será un punto de encontro para a cidadanía e un apoio ao comercio e á hostalaría local durante a campaña de Nadal", sinala a rexedora, Inés Rey.
O mercado adaptarase á identidade local e estruturarase en distintas zonas: unha área de artesanía e venda de produtos do Nadal, unha zona de restauración con mesas e un espazo central dedicado ao público infantil, que incluirá unha caseta tematizada como a casa de Papá Noel en Laponia.
Escribe o teu comentario