A transmisión da covid segue cos seus lixeiros vaivéns nunha situación estable e transmisión modesta, con 111 casos comunicados hoxe. As curvas de hospitalizacións e decesos xa non son tan boas como en agosto e estamos en mínimos históricos de presión sobre as UCIs.
Os 108 casos abertos comunicados este luns son case a metade que os coñecidos o pasado luns. Esta fin de semana fixéronse poucas PCR pero o importante, as medias dos índices de transmisión seguen á baixa sen que a taxa de positividade rebote. Pódese concluír por tanto que os contagios seguen reducíndose.