Lixeirísima tendencia á alza de positivos covid empeza a subir as hospitalizacións aínda que a niveis modestos

A transmisión da covid  segue cos seus lixeiros vaivéns nunha situación estable e transmisión modesta, con 111 casos comunicados hoxe. As curvas de hospitalizacións e decesos xa non son tan boas como en agosto e estamos en mínimos históricos de presión sobre as UCIs.

 


|

A curva de hospitalizacións,  está á alza. Isto débese ao ligerísimo repunte da transmisión a finais de agosto. En todo caso, as cifras son moi limitadas, 129 encamados en planta son só 18 máis que o xoves pasado.

 

A curva de falecidos, que estaba nos niveis mínimos desde que empezou a gripalización, tamén empeza a repuntar un pouquiño. Hoxe comunícanse cinco decesos. O significativo, as medias, tamén crecen; ata un falecido por xornada desde unha perspectiva semanal e 1,3 falecidos por xornada se tomamos en conta os datos do último mes.

 

A incidencia acumulada semanal crece catro puntos ata 31 positivos por 100.000 habitantes.   A incidencia acumulada a 14 días tamén crece 5 puntos. Ambos os indicadores tocaron fondo a finais de agosto e despois empezaron con leves vaivéns e ligerísima tendencia á alza. Ligerísima tendencia á alza que hoxe é algo máis acusada.

 

 

E0E5V incidencia acumulada a 7 d as en galicia (12)
E0E5V incidencia acumulada a 7 d as en galicia (12)

 

 

O dobre da incidencia a 7 días é un pouco maior que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 1,03 , por tanto na última semana houbo un  3 % de positivos máis que na penúltima. 
  

A taxa de positividade onte foi de o  12% . O que realmente imporat, a media semanal, está estable  n a contorna do 14%.
 

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un +3 %.   O relevante, a media móbil a 7 días, segue mellorando, aínda que sexa de maneira ínfima, pasando de -2,4% a -2,5%.

 

 

 

 

Isto quere dicir que a cada día que pasa hai menos e menos casos activos, cando a finais de agosto pasamos unhas semanas cunha leve tendencia a empeorar.

 

 

DATOS POR ÁREAS

 

Parece que algo pasou na área sanitaria de Ourense, pois non é normal que en polo menos tres do últimos catro días este distrito fose o que máis positivos comunica, porque non é o máis poboado. Con todo, a cantidade de diagnósticos hoxe, 26, é moi modesta. Segue habendo só dous pacientes críticos, mínimo desde que estreamos este sistema de control, na primavera.

 

 

 

 

 

CAMBIOS DE MÉTODO  

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia prosegue cunha ligerísima tendencia á alza. Por agora, este empeoramento non está a coller impulso, segue sendo moi modesto.
  • Loso niveis de transmisión son apreciables, como proba que xamais conseguísemos baixar dos 100 hospitalizados por covid. Con todo, nada teñen que ver coas masivas ondas de primavera e principio de verán, que provocaron momentos de máis de 900 hospitalizados poro covid.
  • Que podemos esperar dos próximos días?  Que prosigan os lixeiros vaivéns na transmisión con lixeira tendencia á alza. Un modesto crecemento que empezará a facerse máis visible na presión hospitalaria e na curva de falecidos. O impacto da volta ás oficinas e aos colexios debería empezar a verse nas cifras de finais de setembro. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE