CK Senior, expedientada por contratar persoal sen titulación, xestionará a residencia A Eiriña construída por Amancio Ortega

A UTE de GK Senior e Eurest Colectividades concede o contrato para a xestión da residencia pontevedra, onde a firma de xeriátricos asturiana abriu un proceso para contratar persoal. A Xunta xa expedientó á residencia Concepción Areal da Coruña, xestionada por CK Senior, polas deficiencias no seu persoal onde representantes da CIG dixeron a este diario que contan con persoal sen titulación.

 


|

241030 Pte PSocial FAOPo DCS 5
Residencia A Eiriña | Foto: Xunta

 

Construída grazas ao financiamento da Fundación Amancio Ortega nunha parcela cedida polo Concello de Pontevedra, a residencia A Eiriña de Pontevedra abrirá as súas portas baixo a xestión da Unión Temporal de Empresas (#UTE) conformada por GK Senior e Eurest Colectividades. Aínda que xa se anunciou este punto, non foi até este mércores 23 de xullo que a compañía asturiana ha emitido a nota onde confirman ser a adjuficataria definitiva para a xestión do xeriátrico, que como tantos outros da Xunta, seguirán un modelo de titularidade pública pero xestión privada. 

 

 

25 MILLÓNS DE EUROS, 120 PRAZAS, XIMNASIO, BARBARÍA...

Finalizado o período de alegacións e tras non presentar ningunha obxección ao proceso de concesión, as empresas adxudicatarias asumen a dirección desta residencia que custou 25 millóns de euros e que, segundo CK Senior, "perfílase como un referente na atención a persoas con dependencia, xa que integra innovación tecnolóxica e un modelo asistencial centrado na calidade de vida e o benestar integral dos usuarios".

 

Desde a cúpula de CK Senior, a súa CEO, Santiago Campos, celebrou o acordo e manifestou o "compromiso coa máxima responsabilidade" que asume a firma, xa presente noutros xeriátricos de Galicia. "A xestión da Eiriña é unha oportunidade para achegar valor social e mellorar a calidade de vida de persoas que merecen a mellor atención. A nosa traxectoria en centros de referencia noutras comunidades avala a nosa capacidade
para ofrecer un servizo integral e humano", destacou. 

 

WhatsApp Image 2025 06 24 at 20.33.39 (10)
Foto: CK Senior

 

Do centro, con 120 prazas, 42 habitacións dobres e 36 individuais, destacou que se trate do segundo público na cidade do Lérez, despois da de Campolongo, contando con servizos especializados e equipamento de vangarda. Ximnasio, unidades para a atención a persoas con alzhéimer e outras patoloxías, servizos de barbaría ou podoloxía e rede wifi son algunhas das características do emprazamento deseñado pola firma Elsa Urquijo Arquitectos.

 

NUTRICIÓN E SAÚDE

Outro elemento a ter en conta é o referido á alimentación que proporcionarán aos maiores, con servizos de restauración e catering "adaptados ás necesidades nutricionais específicas de cada residente, factor crave na prevención de enfermidades e no mantemento da saúde xeral".

 


"A nosa xestión fundaméntase nun enfoque multidisciplinar, integrando coidados clínicos, servizos complementarios e actividades de benestar para ofrecer un proxecto integral de atención. Estamos convencidos de que unha boa nutrición, xunto co coidado personalizado, constitúe a base para mellorar a autonomía e a calidade de vida dos nosos maiores", sostén o CEO.

 


"A nosa filosofía é ofrecer unha contorna onde cada detalle contribúe á calidade de vida. Non se trata só de atención médica ou asistencial, senón de crear un fogar onde o usuario senta valorado e en familia", subliñou Campos, que garantiu un trato fluído coa Consellería de Política Social para "evitar atrasos innecesarios que poidan aectar á posta en marcha", din desde CK Senior. 
 

PROCESO DE CONTRATACIÓNS

Con esta entrega de chaves por parte da Fundación Amancio Ortega, comeza o proceso de contratacións para conformar o persoal da residencia a fin de que a finais de ano xa se ocuparon o total das prazas do centro. 

 

Coa fase de selección de persoal en marcha, agora mesmo búscanse perfís que van desde auxiliares e enfermeiras até fisioterapeutas. "A profesionalización e a dedicación humana son a alma do noso modelo de xestión. Estamos a avaliar candidatos non só pola súa formación e experiencia, senón polo seu compromiso co coidado integral das persoas maiores", testemuñou Campos.

 

No entanto, CK Senior non puido despegar da sombra da dúbida despois das distintas acusacións que verteron os seus propios traballadores ao longo dos anos contra unha empresa que, sinalan, contrata a persoal sen a titulación necesaria para atender aos residentes nos seus centros da Coruña, como a Concepción Areal, onde a propia Xunta de Galicia emitiu expedientes por estes mesmos feitos, sospeitan fontes sindicais consultadas no seu día por Galiciapress .

 

 O5A2449
Residencia A Eiriña | Foto: Xunta

 

O Goberno de Galicia confirmou os expedientes tras as preguntas parlamentarias da deputada do BNG Mercedes Queixas, pero non aclarou a natureza das sancións sobre un centro con 150 usuarios. Desde a CIG argumentan que iso responde á falta de persoal e a contratación de "traballadores sen a titulación necesaria". 

 

"Houbo sancións, pero, de que vale que multen con 3.000 euros a unha empresa que gaña millóns? E si encima desde Inspección pasan de nós…", queixábanse fontes do persoal da Concepción Areal a este diario o mes pasado, lamentando que as quendas de noite cóbrense con tres traballadores "e ningún ten o título".

 

 

"Imos tirando con gerocultores. A titulación xa non se ten en conta porque consideran que con ter dúas mans xa basta para traballar nunha residencia. Aquí veñen persoas que non teñen outro teito, con adiccións como alcoholismo ou drogodependencia, con problemas psiquiátricos, violentos…conviven con anciáns e nós non temos os mecanismos nin a formación para poder atendelos como corresponden", censuraban desde A Coruña, que entenden que as "condicións miserables" que ofertan as firmas xeriátricas impiden contratar a persoal mellor formado: "Chega un momento no que calquera que queira traballar aquí é benvido. Non hai xente formada e hai unha rotación constante no persoal".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE