Esta semana os representantes de CC.OO. na planta de Inditex en Meco lembraban que "esta empresa, Think Téxtil, xa foi sancionada fai tres anos por fraude na contratación de medio centenar de persoas que traballaban subcontratadas no Corredor do Henares para o grupo Inditex".
O comercio Massimo Dutti de Ourense, o Massimo Dutti de Lugo, a sección de MD cabaleiro en Marineda City da Coruña, Uterqüe de Santiago e o Zara Home de Santiago (As Cancelas) son os pechados nos primeiros meses do ano.
A esperada choiva de millóns procedente de Bruxelas debese servir para poñer en marcha grandes proxectos empresariais. Empresas, consultoras e estados empezan a manobrar para facerse cun pedazo do xeneroso investimento público post-coronavirus.
O grupo de Amancio Ortega promete que recolocará aos empregados afectados noutros comercios e departamentos. Pecharán establecementos de todas as marcas -incluídas Zara, Pull & Bear e Breshka-, sobre todo os máis pequenos. A bolsa acolle a noticia dos peches e das inéditas perdas trimestrais anunciadas hoxe cunha subida do 1,83% a media mañá.
Pablo Isla indica que esta crise demostrou que a prioridade do grupo son as persoas, non os beneficios. Inditex é unha das poucas grandes compañías que non aplicou un ERTE. Ao non recibir diñeiro público, poderá repartir beneficios entre os seus accionistas, aínda que serán moitos menos.
Nunha nova noite de caos nas rúas de Nova York, os disturbios provocaron o saqueo dunha das tendas de Zara no distrito de Manhattan.
A crise do económica do coronavirus pode pasarlle factura a Inditex e á súa imaxe, polo menos no sueste asiático. Mentres que en España o seu papel e o do seu fundador Amancio Ortega foi obxecto de non poucos encomios pola súa indubidable colaboración na loita contra a pandemia, máis aló de España as medidas adoptadas por un dos seus provedores de Myanmar están a xerar unha considerable polémica.
O acordo, que inclúe unha "nova organización de quendas", indica que estamos ante "medidas excepcionais", que están supeditadas á finalización do desconfinamiento. EMPREGADA DENUNCIA “REPRESIÓN POLICIAL”Segundo o sindicato nacionalista CIG o que en verdade pretende o grupo é" aforrar diñeiro evitando ter que contratar persoal temporal para cubrir baixas e vacacións xa que non respectan nin os descansos do sábado nin cumpren os descansos semanais” Estes empregados cren que a imaxe que se dá de Inditex non se corresponde coa realidade que soportan os persoais.
Amancio Ortega non só está a comprar gran cantidade de material a través da súa Fundación, 1.450 respiradores de UCI incluídos. Inditex, ademais, está a facer gratis de transportista de maneira masiva para que o Estado logre traer material contra o coronavirus de China.
Inditex comprou respiradores, máscaras, kits de detección do virus e outro equipamento que poñerá ao dispor da loita contra a pandemia.
Comisións Obreiras volve poñer de manifesto a situación en Narón dos traballadores da empresa Pull&Bear Loxística S.A., do Grupo Inditex, onde moitos seguen traballando a pesar da crise sanitaria.
Inditex asegurou que preservará todos os postos de traballo ante a situación xerada polo coronavirus, á vez que está a poñer ao dispor do Goberno toda a súa rede loxística e de provedores para incorporar material sanitario e de primeira necesidade hospitalaria.