​Sindicatos denuncian a Inspección de Traballo a vulnerabilidade ante o coronavirus dos empregados do almacén de Pull&Bear

Comisións Obreiras volve poñer de manifesto a situación en Narón dos traballadores da empresa Pull&Bear Loxística S.A., do Grupo Inditex, onde moitos seguen traballando a pesar da crise sanitaria. 


|

Comisións Obreiras volve poñer de manifesto a situación en Narón dos traballadores da empresa Pull&Bear Loxística S.A., do Grupo Inditex, onde moitos seguen traballando a pesar de a crise sanitaria.


Como xa fixo hai uns días, onde mesmo os sindicatos especularon cunha folga, CCOO critica que Inditex “vulnere os dereitos da clase obreira”. “Atacaremos directamente ás empresas que poñan en risco a saúde dos traballadores, sexa cal for o nome da empresa”, advirten.


Amancio ortega



Nesta liña, reiteran que as medidas preventivas adoptadas pola empresa continúan sendo “totalmente insuficientes para garantir a protección sanitaria da totalidade do seu persoal” contra o coronavirus.


Aínda que como sinala a nota a empresa enviou a casa a todo o persoal “denominado de risco”, os sindicatos insisten en que o persoal de almacén segue moi exposto á enfermidade. Ante esta situación, e tras solicitar unha reunión urxente coa empresa –sen recibir resposta da mesma, recalcan-, agora decidiron alertar a Inspección de Traballo da situación que se vive en Narón.


“Desde CCOO Industria Ferrol trasladamos a necesidade de extremar todas as medidas necesarias para garantir a saúde dos traballadores e do conxunto da poboación. Pola contra, tomaremos medidas máis contundentes, pois o incumprimento das medidas sanitarias ante este virus é claramente un risco grave e inminente”, conclúen. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE