CC.OO. alerta da "explotación laboral" de centos de mulleres nun importante provedor de Inditex en España, Think Téxtil

Esta semana os representantes de CC.OO. na planta de Inditex en Meco lembraban que "esta empresa, Think Téxtil, xa foi sancionada fai tres anos por fraude na contratación de medio centenar de persoas que traballaban subcontratadas no Corredor do Henares para o grupo Inditex".


|

Comisións Obreiras presentou denuncias contra a empresa Think Téxtil ante a Inspección de Traballo de dúas provincias de Castela A Mancha, Toledo e Guadalaxara. O sindicato alerta de "fraude na contratación" de centos de operarias.


Unha pasada protesta de traballadoras fronte á planta de Inditex en Meco nunha imaxe do facebook de Comisións Obreiras

Unha pasada protesta de traballadoras fronte á planta de Inditex en Meco nunha imaxe do facebook de Comisións Obreiras 



De acordo á súa versión,  300 asalariados,  sobre todo mulleres, procesan pezas de Inditex  a través de Think Téxtil SLU. Moitas delas non traballan na sede da subcontrata, senón que son operan en propias plantas de Inditex en Cabanillas del Campo (Guadalaxara) e Meco (Madrid).


O responsablie de CCOO-Industria en Guadalaxara, Eduardo Boga, cifra nunhas 200 as enventuales, sometidas a "abusos e similares prácticas fraudulentas de contratación temporal".


Galiciapress contactou onte con Inditex para dar a coñecer o seu punto de vista nesta subcontrata. A empresa de Arteixo non contestou por agora. 


PRESENCIA EN ARTEIXO

Segundo o portal especializado Modaes, Think Téxtil  ten a Inditex como un dos seus principais clientes e presta servizos en zonas onde está presente a empresa que fundou Amancio Ortega, incluída na matriz de Arteixo (A Coruña).  


En todo caso, a empresa non é parte do grupo galego, só o seu cliente. É unha empresa con orixe en Castelló que tamén traballa para outras marcas do sector, como Desigual.


Iso si, Inditex ten vixente un código ético no que se compromete velar para que os seus provedores respecten os dereitos laborais. "Todos os provedores que traballen con Inditex deberán comprometerse a respectar os dereitos humanos e laborais de todos os empregados contratados, así como a involucrar e transmitir estes principios aos seus socios de negocio. A vulneración de calquera destes principios non será en ningún caso aceptada por Inditex", sinala o Código de Conduta e Prácticas Responsables de Inditex.  Algo que non se está cumprindo en Castela A Mancha, segundo o relato sindicato.


PRECEDENTE DE SANCIÓN

As queixas están a darse non só desde as traballadoras das subcontrata, tamén desde dentro de Inditex. Esta semana os representantes de CC.OO. na planta de Inditex en Meco lembraban que "esta empresa, Think Téxtil, xa foi sancionada fai tres anos por fraude na contratación de medio centenar de persoas que traballaban subcontratadas no Corredor do Henares para o grupo Inditex. Agora ten máis de 200 eventuais encadeando contratos de semana en semana". 


Concatenación de contratos temporais que reporta aforros de custos  para os empregadores, pero que para Comisións son un exemplo de   "explotación laboral pura e dura”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE