Críticas á cúpula da TVG tras pasar máis de seis horas emitindo vídeos enlatados
A oposición carga duramente contra a TVG e a Xunta despois dos problemas de emisión esta mañá. O corte empezou a primerísima hora da mañá e ata pasadas as 13:45 horas non se liquidou.
A oposición carga duramente contra a TVG e a Xunta despois dos problemas de emisión esta mañá. O corte empezou a primerísima hora da mañá e ata pasadas as 13:45 horas non se liquidou.
Sánchez Izquierdo
A emisora pública estivo todo a mañá no aire, pero emitindo contidos enlatados. Entre os programas que se viron afectados estiveron A Revista e Bos Días .Aínda que o problema parece solucionarse, o corte na emisión obrigou á cadea a emitir un comunicado pedindo desculpas a través das redes sociais e explicando os problemas técnicos.
📺 A CRTVG emitirá hoxe o "Galicia Noticias" e o "Telexornal Mediodía" desde o plató 5 de San Marcos ➡️ https://t.co/p8ahDpAaTS pic.twitter.com/DJid1Ux4uU
— TVG (@TVGalicia) 15 de noviembre de 2018
CHEGOU A IR NEGRO A EMISIÓN?
A gravidade do sucedido desatou as críticas da oposición. En Marea esixe responsabilidades á dirección. A confluencia asegura que "a emisión da TVG" chegou a ir a negro durante 15 minutos antes das 7:30 da mañá.
Fontes do persoal consultadas por Galiciapress negan que as pantallas se fosen a negro, admitindo iso se que o problema técnico foi moi grave. Galiciapress tentou solicitar a versión oficial da CRTVG, sen que o ente respondese por agora.
DIXITALIZACIÓN
En Marea asegura que é o maior corte da programación habitual na longa historia da Televisión de Galicia. Os rupturistas denuncian que isto evidencia que o proceso de dixitalización da TVG -que leva meses implementándose- non ten plan de contigencias.
Desde o PSdeG piden explicacións ao director Alfonso Sánchez Izquierdo porque "desde as 6:30 non é posible emitir máis que vídeos". A deputada Noela Branco pide a comparencia do directivo no Parlamento ante "o seu particular xoves en negrou".
Unha referencia a os #venresennegro, as xornadas de protesta do persoal. Desde hai meses, moitos profesionais acoden a traballar e mesmo saen en pantalla de rigoroso negro para denunciar o que entenden como manipulación da emisora para favorecer ao PP, prexudicando o servizo público en favor de intereses privados ao impulsar a externalización de case toda a grella, salvo os informativos.
FOLGA EN DEFENSA DO SERVIZO PÚBLICO
O corte da emisión chega nun momento particularmente delicado para Sánchez Izquierdo. O persoal xa había anunciando que pisará o acelerador das protestas, convocando varios paros parciais por horas a partir do día 20 de novembro e que desembocarán en unha xornada enteira de folga.
Ademais, o alto cargo acaba de comparecer na Cámara para defender o aumento do orzamento para 2019 sacando peito, precisamente, da dixitalización, proceso que parece estar detrás dos problemas de hoxe.
O presuposto da CRTVG para 2019 crece ata os 109, millóns de euros, un 2,1% máis; a pesar de que os ingresos propios previstos son duns 8,1 millóns, procedentes sobre todos da publicidade.
Escribe o teu comentario