'As malas ideas', de María Solar, protagonista na estrea do Club de Lectura Ámbito Cultural Santiago
O Corte Inglés de Santiago de Compostela pon en marcha esta iniciativa coincidindo co mes do libro.
Este mes de abril Santiago de Compostela está do trinque e de celebración coa posta en marcha dunha nova iniciativa que busca dinamizar a vida cultural da capital galega e a súa contorna. Desde O Corte Inglés han feito esta aposta coa primeira experiencia do Club de Lectura Ámbito Cultural Santiago, unha proposta bilingüe que coincide co mes do librpo e a celebración do Día do Libro o próximo 23 de abril.
ESTREA
A primeira sesión terá lugar, de feito, como previa a esa data, o vindeiro mércores 22 de abril, ás 19 horas, na Sala de Ámbito Cultural dos grandes almacéns composteláns. A gran protagonista e encargada de cortar a cinta inaugural desta proposta será María Solar, que traerá debaixo do brazo o seu libro 'As malas ideas' (Editorial Xerais na súa versión en galego; Contraluz en castelán).
A vida de Elías e o seu regreso a Ferrol examinarase nesta conversación onde o publico participará baixo a coordinación do polifacético Miguel García-Fernández, historiador, investigador, colaborador en distintos proxectos culturais, divulgador e encargado de levar o novo club de lectores en Compostela.
O Club de Lectura de Ámbito Cultural nace pensado como un novo espazo mensual para compartir ideas, dar a coñecer a novos creadores e conectar cos escritores e o seu público co apoio do Corte Inglés, que traerá a algunhas das mellores plumas da literatura do país e a nivel nacional a Santiago.
Escribe o teu comentario