O PSOE volve estar por diante do PP en Galicia por segunda onda consecutiva de 40db

Alberto Nuñez Feijóo segue sendo o gran favorito para ser o próximo presidente do Goberno. Agora ben, por algún motivo, o dominio que o seu PP mostra nas enquisas electorais a nivel estatal é moito máis feble a nivel galego.


|


 

 


De feito, no último desglose galego do barómetro mensual de 40db para unhas eleccións xerais, o PPdeG non só volve ser superado polo PSOE senón que tamén o BNG písalle os talóns.

 

Así, os conservadores quedan en segunda posición cun 19% de intención de voto, que está no rango baixo da súa pinza habitual, que se adoita mover entre, aproximadamente, o 20% e o 30%. 

 

O PP sobe levemente neste barómetro en Galicia e tamén en España, onde encabeza a sondaxe con máis do 31% de intención de voto. Hai que ter en conta tamén que hai moito voto oculto na enquisa, case un 17%, e que no país o voto oculto adoita ir case todo cara aos conservadores.  

 

O repunte do PP nesta onda pódese explicar, polo menos en parte, porque o seu principal competidor directo, Vox, mostra indicios de estar a tocar teito. 

 

É máis, a súa curva na estatística estatal baixa por primeira vez no medio ano. Parece que as pelexas internas están a pasarlle factura aos de Santiago Abascal, que perden unha décima a nivel español respecto da anterior onda e case un punto a nivel galego. Cun 9,6% de intención de voto a repartir entre as catro provincias do país, a ultradereita teríao moi difícil para conseguir algunha acta por Galicia.


#PSOE, pola súa banda, mostra un lixeiro repunte nas enquisas nos últimos meses, quizais á calor da oposición ás políticas de Donald Trump, en particular a clara aposta de Pedro Sánchez contra a guerra de Irán. 

 

Na autonomía, aínda que baixa sete puntos fronte aos seus extraordinarios números da onda anterior, o que era esperable dado o excepcional daquelas cifras e a gran volatilidade da enquisa de 40db en Galicia debido ao reducido da súa mostra, o PSdeG segue de primeiro, con máis dun 26% de intención de voto. De feito, é o segundo barómetro consecutivo no que encabeza as enquisas, algo que non se viu nos últimos tempos.

 

A boa serie dos socialistas galegos nas últimas ondas non parece que se estea producindo a costa do #BNG. Os de Ana Pontón conseguen o 18,9% en intención de voto e acumulan tres mensualidades á alza. 

 

 

Aínda que non logran romper o seu teito, que parece estar en torno ao 20%, os nacionalistas galegos apuntan a que poderían conseguir, polo menos, unha segunda acta de deputado en Galicia, seguramente por Pontevedra.  Agora mesmo só teñen unha na Coruña.

 

A vítima destas alzas socialista e nacionalista é a atomizada esquerda rupturista de ámbito estatal. Tanto Sumar como Podemos seguen cultivando por separado cifras paupérrimas, 3,6%e 3,3% en Galicia respectivamente. Con estas vimbias, nin sequera se lograsen un improbable acordo de coalición terían opcións de competir por unha acta nalgunha das catro provincias. 

 

A nivel estatal, ambas as forzas tamén sofren caídas nesta onda. Sumar móvese na contorna do 5%, que podería para ter unha representación de escanos mínima, e Podemos en torno ao 3%, que os expulasaría do Congreso.  A súa desunión é un dos factores que explica porque na maioría das enquisas a dereita parece ter asegurado chegar a Moncloa.

 

 


Outros que non levantan cabeza son os de SALF. Os de Alvise andan polo 2,6% de intención de voto en Galicia, que en todo caso sería un punto máis do que terían no conxunto de España.

 

 

Sd0Sa intenciu00f3n de voto elecciones generales galicia
Sd0Sa intenciu00f3n de voto eleccións xerais galicia 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE