A falta dun plan para cohesionar os servizos sociais en Galicia segundo marca a Lei de Servizos Sociais de Galicia de 2008, creou un ambiente de incerteza entre as persoas dependentes. Acúsase á Xunta de non informar sobre os dereitos deste colectivo ao seu acceso a residencias ou a ter atención nos seus domicilios e de non querer prestar atención directa deixándoa en mans de entidades privadas
Delegadas da CIG de Ferrolterra, de centros como os DomusVi de Narón ou Ferrol, critican a situación penosa que viven os persoais, onde falta persoal para atender en tempo e forma a decenas de residentes, moitos deles grandes dependentes, e outros, cada vez máis, menores de 65 anos pero con "graves problemas mentais"
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (Cotsg) critica o anuncio destas axudas que tachan de "medida puntual" que non solucionará as carencias do sector.
A asociación de familiares e usuarios da residencia leva semanas recollendo firmas para pedir a dimisión do director. Hoxe deron un paso máis e manifestáronse polo centro de Vigo e remitido ás medios fotos moi duras sobre o estado dalgúns maiores neste asilo pública.
Mentres se disparan as aperturas de centros privados, o último a residencia Raiola en Santiago, a Xunta leva 13 anos sen inaugurar ningún asilo público, a pesar de que fai un lustro prometeu que ía abrir sete máis co diñeiro da Fundación Amancio Ortega.
A aprobación a nivel estatal dun novo modelo de residencias esta semana non convence nin á Xunta, que votou en contra, nin a Rede, unha das principais asociacións de familiares en Galicia. Vellez Digna fai unha primeira lectura ambivalente. CERMI e a Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía apláudeno.
As residencias galegas suman 641 casos activos, tres máis desde a súa última actualización a semana pasada.
A Residencia de Maiores de Oleiros ten máis de 100 casos activos de covid-19. Así llo acaba de confirmar a Consellería de Política Social a Galiciapress.
A Xunta multou a DomusVi por falta de enfermeiras na súa residencia de Ribadumia, segundo confirmaron a Galiciapress fontes oficiais da Consellería de Política Social.
Familiares denuncian que hai un gran brote de covid-19 na residencia e piden a súa intervención. Política Social asegura que só hai un positivo. Un residente morreu recentemente con coronavirus.
Os casos activos nas residencias galegas sofren variación mínima nunha semana, con tres casos máis, o que indica que a situación aínda é moi preocupante.
Na actualización da Xunta, que cada mércores informa das residencias que contan con usuarios afectados, constátase que mentres a sexta onda desescala na comunidade, nas residencias atopan problemas para rebaixar os seus contagios.
Os geriatricos galegos experimentan un repunte nesta sexta onda, tal e como notifica a información publicada hoxe pola Xunta na súa actualización semanal.
A lista de todos os casos activos en residencias que acaba de difundir a Administación ao final desta noticia.
Doutra banda, baixa o número de afectados nas residencias para a discapacidade, onde só atopamos casos activos na residencia ferrolá Coral Seoane, que con todo conta cun importante descenso : de 25 a 18 casos nunha semana.
A última actualización do SERGAS sobre a situación nas residencias de maiores e de discapacitados en Galicia -boletín que a Xunta ofrece cada mércores, e non a diario como facía o ano pasado-, rexistra un importante cambio no centro ferrolán, que pasa de dous casos activos a 25 en sete días.
Pola contra, nas residencias galegas os casos activos non deixan de baixar. DomusVi Vigo é un dos dous centros con casos activos de covidLa semana pasada as cifras xa baixaran, con só 12 casos activos fronte aos 14 da penúltima.
Paulino Campos, presidente da Federación Galega de Asociación de Familiares e Usuarias de Residencias e dá Dependencia (REDE) e portavoz da Plataforma Estatal de Organizacións de Familiares e Usuarias de Residencias de Maiores e de Residencias de Discapacidade, achega a Galiciapress a perspectiva de familiares e usuarios ante este novo modelo con propostas que "rozan o delirio".