Os mortos con covid quintuplicáronse este maio respecto ao maio do ano pasado pola gripalización
Maio péchase con 148 mortes. En maio de 2021 houbo só 29. É dicir, neste maio multiplicamos por máis de cinco as mortes do ano pasado. Agora ben, imos camiño de estabilizarnos nunha cifra de mortes que é, aproximadamente, unha cuarta parte da soportada no peor momento da pandemia.
Os casos abertos comunicados este martes (739) son practicamente os mesmos que os do pasado martes. Confírmase, por tanto, que a melloría estase detendo e os índices de transmisión están case planos, pero nuns niveis aínda altos.
Os hospitais aínda non notan este parón no descenso e afortunadamente seguen baleirándose. Temos uns 120 hospitalizados en planta menos que o pasado martes, aínda que o total é considerable, por encima dos 450.
O cambio de método de contar mortos aplicado recentemente pola Xunta logrou rebaixar artificialmente a cifra de decesos. Nos últimos tres días só comunicou dúas mortes, cando a media a semana pasada era de tres óbitos por día. Este desplome débese a que agora só se contan as mortes nos que o SERGAS entende que o covid foi determinante, algo non facilmente obxetivable desde o punto médico.
En todo caso de 2022, maio péchase con 148 mortes. En maio de 2021 houbo só 29. É dicir, neste maio multiplicamos por máis de cinco as mortes do ano pasado. Agora ben, imos camiño de estabilizarnos nunha cifra de mortes que é, aproximadamente, unha cuarta parte da soportada no peor momento da pandemia.
A incidencia acumulada semanal segue baixando, pero case nada, menos dun punto, ata 186 positivos por 100.000 habitantes. A incidencia acumulada a 14 días tamén decrece pouco, sete puntos ata 396. Os dous índices de transmisión levan baixando case sen interrupcións desde principios de mes. Con todo, esta melloría é cada vez máis leve e dirixímonos a unha planicie ou a un rebote.
Hai que lembrar que co novo sistema só se fan probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro por exemplo. Tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real.
O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo, por iso na gráfica hai dúas etapas diferenciadas con dúas cores diferentes, as súas cifras non son directamente comparables. Por outra banda, o cambio de método que reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.
O dobre da incidencia a 7 días aínda é algo menor que a incidencia a 14 días, pero cada vez menos. A razón de taxas é de 0,94% , por tanto na última semana houbo un 6% de positivos menos que na penúltima. Este -6% é á vez unha boa noticia, estamos a mellorar, e unha mala noticia, porque o martes pasado estabamos en -12%; é dicir, a melloría está a perder fol.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
O total de infectados descende hoxe un -3,8%. O que realmente importa, a media móbil a 7 días, mellora un pouquiño hoxe pero segue sen unha dirección clara.
Parece evidente, iso si, que o momento de maior velocidade da melloría xa quedou atrás e estamos a nos achegar a cero, o momento no que os casos activos volverán crecer e crecer.
DATOS POR ÁREAS
Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase como vai perdendo brío a caída que empezou ao redor de principios de maio, mesmo en Santiago e Lugo, as áreas que máis melloraron ultimamente.
As dúas áreas menos poboadas son as que menos novos casos contan hoxe, Ferrol, só 43 e Pontevedra, só 66. En ambas estas dúas e en Lugo xa hai menos de 1.000 casos activos.
ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE
Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:
- A transmisión do coronavirus está estancándose tras máis dun mes de melloría. Continúa o seu retroceso, pero a un ritmo moi lento e cada vez máis amodo.
- Este estancamento prodúcese cando os niveis de transmisión son aínda altos. Hai que lembrar que ese 186 de incidencia semanal sexa probablemente o triplo ou máis, porque a penas fanse probas a maiores de 60.
- Que implica un estancamento nestes niveis aínda altos? Pois unha media duns 700 positivos cada día. Como a taxa de letalidade na última semana anda en torno ao 0,23%, isto implica unha media de 1,6 mortes ao día, unhas 45 ao mes. É probable que nos estanquemos ao redor de 400 hospitalizados en planta, o que é unha cifra aínda alta.
Escribe o teu comentario