A Mesa pide retirar un libro infantil en galego onde chama jurel ao xurelo, pulpo ao polbo ou erizo ao ourizo

A plataforma critica á Consellería do Mar por este caso de castellanización dun libro en galego. 


|

Conselleria Mar 04
Foto: A Mesa pola Normalización Lingüística

 

A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu nas últimas semanas distintas queixas a través do canar Liña do Galego, pola presenza dun libro co selo da Xunta dirixido ao público infantil que, aínda que con aparencia de estar escrito en galego, mete a pata nunha tarefa tan sinxela como nomear aos peixes polo seu nome en galego, en lugar dos termos polos que nos referimos a eles en castelán.

 

A DIRECCIÓN CONTRARIA

Así, atopamos que no canto de nomear ao ourizo de mar, ao polbo ou ao xurelo, sae a súa voz en castelán: eriozo de mar, pulpo e jurel, entre outros gazapos polos que a plataforma demanda á conselleira do Mar, Marte Villaverde, a retirada destes exemplares enviados a algúns concellos galegos.

 

Elsa Quintas, directora do Observatorio de Dereitos Lingüístico, reitera a necesidade de "tomar as medidas necesarias" e "evitar que se repita no futuro", co recurso de, en caso de dúbida, acudir á publicación 'Os peixes e outro fauna mariña' editado pola propia Mesa na súa función de asesorar e informar á poboación, así como tramitar felicitacións ou queixar da poboación sobre os seus dereitos en materia lingüística.

 

Conselleria Mar 01
Foto: A Mesa pola Normalización Lingüística

 

Tamén o presidente da entidade, Marcos Maceira, censurou o "pasotismo e nulo interes da Xunta en reverter a emerxencia lingüística". Nese sentido, convidan o secretario xeral de política lingüística, Valentín García, "non anunciar unha cousa e facer o contrario" despois do anuncio deistribuir as bibliotecas galegas "material lúdico que beneficie á lingua". 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE