O discurso do candidato a presidente Alfonso Rueda apunta a que Política Lingüística e Cultura terán consellería propia, cando agora a comparten con Educación. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística desde 2012 e que foi o coordinador do programa do PPdeG ás eleccións galega, é un dos que soa para conselleiro, polo que podería ascender ao Consello da Xunta.
"Din vostedes que defenden aos españois e aos nenos, que poidan falar castelán en calquera sitio, pero logo en Galicia non poden falar en español, nin funcionarios nin os nenos". Con estas palabras cuestionou onte Rocío Mosteiro (Vox) a política do PP respecto a as linguas.
Ao partido nacionalista español parécelle mal que haxa que saber galego para traballar no servizo contraincendios da autonomía
"As rúas de Compostela quedaron pequenas para acoller a tanta xente" destaca Queremos Galego para celebrar a marcha do Día das Letras. Denunciar a "pasividade" do Goberno na promoción da lingua e reivindicar poder usar o idioma na vida diaria foron dúas dos fins da mobilización deste ano.
Galiciapress entrevista ao secretario xeral de Política Lingústica na véspera do Día das Letras. Valentín García defende a "normalidade asombrosa" da convivencia co castelán e critica as visións alarmistas e o uso do idioma nas polémicas políticas. Recoñece que cómpre tomar medidas para reverter a perda de falantes entre os mozos. A práctica lingüística de Ciudadanos e as axudas aos medios de comunicación son outros dos temas desta conversa.
Política Lingüística defende que non existe conflito en torno ao idioma e quere que multinacionais e empresas de lecer usen a lingua propia de Galicia.
A Consellería de Política Social conmemorou o Día Internacional do Pobo Xitano cun acto en conxunto coa fundación romaní.
A pesar de contar coa mocidade "máis preparada da historia" en galego, o nivel de uso da lingua segue descendendo.
Prepara un plan para o fomento da lingua propia | Román Rodríguez puntualiza que non é un problema de coñecemento senón de "uso".