O culpable da vertedura no Sar? Santiago, di a Xunta; Acuaes, di o Concello
Unha vertedura xurdida esta semana no río Sar provocou cheiros fortes, morte de peces e contaminación na canle fluvial que percorre Bertamiráns (Ames) e municipios próximos. As investigacións apuntan a que a orixe está nos traballos de posta en marcha da estación depuradora de Silvouta, dependente de Acuaes e con autorización do Concello de Santiago, mentres o Concello de Ames prepara denuncias ante a Fiscalía e corpos de seguridade.
O Concello de Ames presentou esta mañá denuncias ante o Seprona e a Policía Autonómica pola vertedura detectada que, segundo os informes, xa está a afectar non só a Ames, senón tamén a Brión e Rois. No documento técnico elaborado por Augas de Ames recóllense testemuños de veciños alertando desde o domingo por cheiros nauseabundos, espuma e turbidez na auga.
Técnicos municipais constataron que a auga chega contaminada ao termo de Ames e descartaron que a causa sexa por infraestruturas locais ou a rede municipal de saneamento. c
O alcalde Blas García considera que a contaminación supón un «atentado medioambiental moi grave» e critica a suposta inacción de administracións competentes. Anuncia que a denuncia incluirá esixencia de responsabilidade e reparación do dano.
Desde a Consellería de Medio Ambiente de Galicia, mediante Augas de Galicia, determinouse que a vertedura procede da Estación Depuradora de Augas Residuais (#EDAR) de Silvouta, en Santiago de Compostela. As obras de Silvouta iniciaron un período de arranque a semana pasada, pero sen os tratamentos necesarios para operar con normalidade.
Os técnicos do Programa de Control de Verteduras verificaron que o efluente mostraba características preocupantes: cor marrón, alta turbia e cheiro forte a augas fecais.
Resposta dele Concello de Santiago
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, lembra que a sociedade estatal Acuaes é responsable das obras e posta en servizo da EDAR de Silvouta, e declara que durante a fase de conexión de colectores na primeira fase produciuse a vertedura. O Concello manifesta ademais a súa disposición a colaborar con Augas de Galicia e Acuaes para mitigar os danos.
O impacto vai máis aló de Ames: a afección do río Sar detectouse en Padrón , o que demostra que a vertedura non é localizado, senón que flúe augas abaixo afectando dominio público hidráulico e zonas sensibles ecoloxicamente. É probable que chegue á Ría de Aroussa, de cuxo marisco viven miles de famlia.
O Concello de Ames esixe á Xunta os datos analíticos completos e pide transparencia para trasladar á cidadanía a evolución do problema con precisión.
Mentres tanto, Augas de Galicia instou oficialmente ao Concello de Santiago a resolver canto antes os problemas asociados á EDAR, sobre todo porque os traballos en curso non alcanzaron aínda os estándar requiridos de tratamento na súa primeira fase. A Xunta, gobernada polo PP, aproveita para cargar contra o municipio, cunha alcaldesa do Bloque.
A nova depuradora de Silvouta representa un investimento de case 60 millóns de euros, con financiamento en parte europea, deseñada para unha capacidade de tratamento grande (uns 277.000 habitantes equivalentes e 64.800 m³/día).
As obras empezaron en febreiro de 2024 e teñen previsto estar terminadas no verán de 2026. Até entón, o Concello de Santiago prevé que parte da EDAR, tras a fase inicial, comece a operar “con normalidade”, aínda que os incidentes recentes indican que aínda non se dan todas as garantías. Mentres tanto, o programa autonómico de control de verteduras seguirá recollendo mostras de auga tanto da vertedura como do río, e efectuaranse inspeccións de seguimento para comprobar si a situación mellora.
Desde Santiago, Sanmartín sinala que Acuaes recoñeceu os problemas nesta fase de arranque e confía en que durante esta semana se “normalicen os procesos”. Tamén insiste en que a responsabilidade de execución recae sobre Acuaes, mentres Augas de Galicia ten competencias de supervisión. brá sancións administrativas ou xudiciais, nin que custo terá en reparación ambiental.
Esta non é a primeira vez que os sistemas de saneamento da área de Santiago xeran polémica. Nos últimos anos, sucedéronse as queixas de colectivos ecoloxistas e veciñais por incidentes similares noutros ríos da comarca, cuestionando a eficacia do modelo de xestión e o estado das infraestruturas. A posta en marcha da nova EDAR de Silvouta estaba concibida precisamente para modernizar e mellorar a depuración, polo que este contratempo na súa fase inicial resulta particularmente frustrante para as comunidades afectadas.
Escribe o teu comentario