Morre un concelleiro de Irixoa atacado por un enxame de velutinas na súa leira
Ramón José Dopico Martínez, edil do PP, atopábase realizando labores agricolas en Teixeiro, no municipio de Curtis.
Un concelleiro de Irixoa (A Coruña), do PP, Ramón José Dopico Martínez, faleceu tras sufrir varias picaduras de velutinas mentres rozaba nunha leira en Teixeiro, no municipio de Curtis, segundo confirmaron a Europa Press fontes populares.
O edil, de 76 anos, foi despedido este xoves na parroquia de San Lorenzo de Irixoa.
Faleceu o pasado mércores tras ser atacado por velutinas mentres rozaba nunha leira. A pesar da mobilización dos servizos sanitarios non se puido facer nada por salvar a súa vida.
Escribe o teu comentario