Covid Galicia: a subida de casos activos segue acelerando pero a alza de positivos frea


Os casos activos seguen crecendo dunha maneira relevante e que ademais acelera. Desde unha perspectiva semanal, que é a máis correcta, cada día hai un 2,5% máis, unha alza que non soportabamos desde finais de xaneiro.


|


Vb6TV porcentaxe de cambio diario de casos activos de covid en galicia  (4)



Os casos activos seguen crecendo dunha maneira relevante e que ademais acelera. Desde unha perspectiva semanal, que é a máis reveladora, cada día hai un 2,5% máis, unha porcentaxe que non soportabamos desde finais de xaneiro. A alza é xeneralizada, pero son as áreas sanitarias de Ourense e A Coruña as que máis están a empeorar.


Pola contra, os 1.865 novos casos abertos comunicados hoxe  supoñen un pequeno alivio dentro da fase de crecemento actual. Son practicamente os mesmos que o venres pasado, polo que a incidencia semanal case deixa de crecer. 

 




incidencia acumulada semanal  dá un saltiño hoxe subindo 2 puntos nun día ata 463. De acordo a o  semáforo covid aprobado  polo Ministerio, este índice está en nivel de risco moi alto, o peor posible. Tras o pico de xaneiro melloramos ata o 2 de marzo, cando tocamos fondo con 294 positivos por cada 100.000 habitantes. Desde entón, acumulamos sete días seguidos de crecemento.





incidencia acumulada a 14 días si que crece de maneira relevante, case 40puntos máis ata 756.  Continuamos en risco moi alto tras sufrir cinco días de alzas consecutivas. Un período tan longo de crecemento sen pausa nun índice tan pouco proclive a virar como este, indícanos que non estamos ante un repunte puntual.


O dobre da incidencia a 7 días é moito maior que a incidencia a 14 días. Sabemos pois que na última semana houbo moitos máis positivos que na penúltima.  Cantos positivos máis? A razón de taxas é de 1,17 , por tanto na última semana houbo un  17% de positivos más que na penúltima.  Iso supón que a velocidade do empeoramento perdeu algo de fol respecto onte, cando era de +22%. Con todo, abrindo o plano vemos que asistimos a unha brusca aceleración. O venres pasado a tendencia era dun -10% semanal.


A taxa de positividade onte foi de o  12,4% . A media semanal  neste indicador crece un pouquiño, ata 12,5%, pero aguanta en risco alto sen subir a risco moi alto. Iso si, perdeu xa a súa tendencia á baixa doutras semanas.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un 4,7%, o segundo peor porcentaxe desde a crise de xaneiro. Isto  axuda a que a media semanal siga empeorando. O pasado venres era dun -4,1% e hoxe xa é do +2,5%.  Antes tiñamos menos e menos casos a cada día que pasaba, agora temos máis e máis. Por encima, o incremento é maior a cada día que pasa.





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un ascenso de +880 . O total é de  casos activos é de  19.441 , case 3.000 máis que a pasada semana . 


DATOS POR ÁREAS

Vigo  é o distrito que máis positivos comunica hoxe, 373. Con todo, o rebote é xeneralizado e só Ferrol queda por baixo dos 200 novos casos abertos. Os casos activos crecen en todas as áreas á vez, algo que indica que o empeoramento non se debe ás conglomeraciones carnavalescas en tal ou cal zona.





Máis datos a nivel municipal e de distrito de o SERGAS


ANÁLISE

Con estas cifras sobre a mesa, pódese inferir que:

  • A pandemia leva xa unha semana gañando terreo de forma relevante. Un optimista diría que estamos só ante un repunte brusco pero puntual debido á xolda do entroido. Un pesimista que estamos ante unha onda propiamente dita, debido ao relaxamento xeral tras o fin das restricións.
  • Repunte brusco pero puntual ou onda con todas as da lei? A única maneira que temos de responder a esta cuestión é analizando os datos de hospitalizacións.  O problema é que aínda non podemos. Loxicamente, aínda seguen á baixa, porque o repunte dos índices de transmisión só empezou hai unha semana. En teoría, dentro duns 7  días deberemos ver como empezan a subir a presión hospitalaria. En función de canto suba, saberemos se estamos ante unha "oliña" ou outra crise relevante.
  • As autoridades sanitarias están a cegarse a se mesmas. A súa decisión de non facer tantas probas como as que son capaces resta moitísima fiabilidade aos índices de transmisión. Por tanto, hai que esperar aos índices de hospitalizacións para ter unha visión 100% segura da traxectoria da pandemia. 
  • A autocensura do coñecemento ao decidir non facer tantas probas entraña moito risco. Todos sabemos xa canto poida avanzar a pandemia nun par de semanas de descontrol, especialmente se xorde algunha nova variante, algo que é moi probable que suceda. Pese ao risco, o Estado e as Autonomías pactaron onte relaxar aínda máis a vixilancia.


relacionada Covid municipios: A Coruña (+31 no seu cómputo semanal), Nigrán (+23) e Ferrol (+22) os que máis empeoran entre unha alza xeneralizada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE