Covid municipios: A Coruña (+31 no seu cómputo semanal), Nigrán (+23) e Ferrol (+22) os que máis empeoran entre unha alza xeneralizada
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas indícanos que o empeoramento é xeneralizado, non exclusivo dunha área concreta. Os únicos concellos que aguantan á baixa tenden a ser moi rurais e pequenos. Bergantiños, Ou Ribeiro e o interior de Arousa son as únicas comarcas que manteñen unha tendencia clara de descenso.
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que a práctica totalidade de Galicia segue no peor de nivel transmisión posible, con máis de 250 positivos por 100.000 habitantes.
As excepcións seguen limitándose a algunhas comarcas do rural, como A Costa da Morte, O Courel, Os Ancares ou Valdeorras.
Nota metodolóxica.- Os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10.
VARIACIÓN SEMANAL
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas indícanos que o empeoramento é xeneralizado, non exclusivo dunha área concreta. Os únicos concellos que aguantan á baixa tenden a ser moi rurais e pequenos. Bergantiños, O Ribeiro e o interior de Arousa son as únicas comarcas que manteñen unha tendencia clara de descenso.
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,17; o que quere dicir que na última semana houbo un 17% máis de positivos que na penúltima.
Os municipios onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Por exemplo, Santa Comba (-44%) ou Caldas de Reis (-19%) son dos poucos á baixa. Segue sen haber ningunha cidade en traxectoria descendente.
Os municipios onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que está a haber un forte alza en Ourense (+40%), Ferrol (+31%) e A Coruña (+27%).
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é moi próxima a 1, aparecen en tonalidades próximas ao branco no mapa. . Por exemplo, Tuy (+1%) ou Vilalba (+1%).
En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. O gris segue dominando a Galicia máis interior e rural. Aguantar con menos 10 positivos á semana cando os niveis de transmisión siguien sendo altísimos é unha boa noticia neste contexto de subidas.
Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnósticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo semanal respecto a ese cómputo onte:
- CARNOTA -10
- PADRON -10
- CHANTADA -10
- MONTERROSO -10
- OUROL -10
- SAVIÑAO (O ) -10
- ESGOS -10
- BETANZOS -13
- CARBALLIÑO (O ) -13
- XINZO DE LIMIA -14
- FONSAGRADA (A) -17
Municipios que máis soben hoxe o seu cómputo semanal respecto a ese cómputo onte:
- CORUÑA (A) +31
- NIGRAN +23
- FERROL +22
- VIGO +21
- XOVE +19
- LUGO +14
- OURENSE +13
- SANTIAGO DE COMPOSTELA +12
- VILAGARCIA DE AROUSA +10
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A nivel galego a tendencia de casos activos é á alza, a nivel de distritos sucede o mesmo en todos, sendo as áreas de Ourense e A Coruña as que soportan unha alza máis prolongada e pronunciada.
Escribe o teu comentario