Covid municipios: só os do suroeste de Ourense e poucos máis lograron saír xa do peor nivel de transmisión posible
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que os niveis de transmisión seguen sendo enormes en case todo o país a pesar de que a tendencia a nivel galego hai tempo que é á baixa. Unicamente o suroeste de Ourense e algunhas zonas montañosos de Lugo e Pontevedra conseguiron baixar de 250 casos por 100.000 habitantes, o peor nivel da escala.
O mapa de incidencia semanal de covid por municipios mostra que os niveis de transmisión seguen sendo enormes en case todo o país a pesar de que a tendencia a nivel galego hai tempo que é á baixa. Unicamente o suroeste de Ourense e algunhas zonas montañosas de Lugo e Pontevedra conseguiron baixar de 250 casos por 100.000 habitantes, o peor nivel da escala.
Só hai catro concellos sen positivos comunicados na última semana. Son Petín, Larouco, San Xoán de Río e Beariz.
Nota metodolóxica.- Os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro.
VARIACIÓN SEMANAL
A nivel de tendencias, o mapa de calor da razón de taxas indícanos confirma o agravamento recente da pandemia na comarca do Ribeiro. Cortegada, Ribadavia, Arnoia, Beade, Cartelle, Castrelo e Toén conforman a zona de Galicia onde máis está expadiéndose o virus. Afortunadamente, a próxima capital, Ournese, aguanta á baixa (-15% semanal).
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,83 ; o que quere dicir que na última semana houbo un 17% menos de positivos que na penúltima.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciada é a melloría semanal. Por exemplo, as cidades cun verde máis escuro son A Coruña (-21%) e Santiago (-24%). Hai que ter en conta que son as urbes que máis tarde alcanzaron o pico de contagios, polo que é esperable que sexan as que melloren máis estes días.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Ademais do alza no Ribeiro, podemos comprobar por exemplo que por exemplo están a empeorar algúns concellos de Ferrolterra, como Ares (+8%), Cabanas (+4%) ou San Sadurniño (+24%). O peor comportamento nesta semana é o do seu veciño Moeche (+83%). A cidade próxima, Ferrol, aguanta á baixa (-12%)
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa. . Por exemplo, hoxe Lalín e A Estrada.
En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Visto os aínda elevados niveis de transmisión, ter menos de 10 positivos á semana é unha boa noticia. Bos datos que xa son maioritarios no sur da provincia de Ourense e as montañas orientais de Lugo, as zonas máis despobladas do país.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Municipios que máis baixan hoxe o seu cómputo semanal respecto a ese cómputo onte:
- CORUÑA (A) -186
- VIGO -135
- SANTIAGO DE COMPOSTELA -116
- OLEIROS -35
- CARBALLO -31
- RIANXO -26
- OURENSE -26
- TEO -25
- MONFORTE DE LEMOS -25
- BETANZOS -22
- CULLEREDO -21
- FERROL -21
- RIBEIRA -21
- MARIN -21
Municipios que máis soben hoxe o seu cómputo diario respecto a ese cómputo onte:
- ORTIGUEIRA +4
- PONTEDEUME +4
- POL +4
- CAMBADOS +4
- SILLEDA +4
- VILA DE CRUCES +4
- PONTECESO +5
- SOUTOMAIOR +6
- FONSAGRADA (A) +7
- CARBALLIÑO (Ou) +7
- CARTELLE +7
- LALIN +8
- RIBADEO +10
- LUGO +13
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A nivel galego a tendencia de casos activos é á baixa, de maneira notable. A gráfica por distritos confirma esta tendencia, aínda que o descenso está a ser lento, moitísimo máis lento que o ascenso.
Por áreas, en Vigo hai 11.743 infeccións activas (91 menos); na área da Coruña hai 10.467 casos (271 menos); na área de Santiago hai 8.771 casos activos (48 menos); na de Pontevedra hai 5.212 persoas con Covid (55 menos); na área de Lugo hai 5.108 infectados (78 máis); na área de Ourense hai 4.901 casos (7 máis); e na área de Ferrol hai 2.328 casos activos (6 menos).
POSITIVOS E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA HOXE
Segundo os datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata o xoves ás 18,00 horas, na última xornada detectáronse 3.679 casos novos de Covid en Galicia, fronte aos algo máis de 4.000 da xornada anterior.
No que se refire á presión hospitalaria, a ocupación de camas Covid descendeu en Galicia na última xornada, e actualmente hai 44 pacientes en UCI (tres menos) e 625 en hospitalización convencional (10 menos).
Por áreas sanitarias, na da Coruña hai 12 pacientes en coidados críticos (dous máis); na área de Vigo hai 8 pacientes (un menos); na área de Santiago mantéñense 7 pacientes en UCI; na área de Pontevedra hai 6 pacientes; na área de Ourense seguen 5 pacientes en UCI, os mesmos que en Lugo (dous menos); e na área de Ferrol os pacientes graves han baixado de 3 a 1.
Escribe o teu comentario