Covid municipios: A Coruña (+19%) e Vigo (+17%) lideran a alza dos positivos semanais que sofren todas as cidades


Só hai 6 municipios por baixo de 250 positivos por 100.000 habitantes á semana: Beade, A Teixeira, Muras, O Incio, Irixoa e O Vicedo. Só os tres primeiros non rexistraron ningún positivo na última


|

O SERGAS cambiou hoxe o método das súas cifras. Un deses cambios é que incorpora miles de positivos detectados por test de antígenos. A consecuencia é que os cómputos de positivos crecen muchísmo na maioría de municipios. Por exemplo, o cómputo semanal de Vigo sobe en 2.190. O resultado é que as incidencias semanais de case todos os concellos dispáranse. 


Isto provoca que o mapa da incidencia acumulada semanal tíngase aínda máis de negro. Só hai 6 municipios por baixo de 250 positivos por 100.000 habitantes á semana: Beade, A Teixeira, Muras, O Incio, Irixoa e O Vicedo. Só os tres primeiros non rexistraron ningún positivo na última


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de incidencia acumulada de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo ás súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 


 





Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas ou canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, pois é onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque as urbes empezan tamén a sumar menos de 10 á semana.  


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,12; o que quere dicir que na última semana houbo un 12% máis de positivos que na penúltima. 


 

Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é inferior a 1) aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro é ese verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Por exemplo, o que máis mellora é Bande, cunha razón de taxas de 0,53, o que implica que os positivos caeron un 47% dunha semana a outra.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal (pois a razón de taxas é superior  a 1) aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis escuro ese vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que A Coruña  é a urbe que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,19. Non hai ningunha cidade que estea a mellorar.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están estancados desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en  branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe Cea e Samos.


En municipios que teñen menos de 10 positivos á semana é imposible calcular a razón de taxas. Son os que aparecen en gris no mapa. Por exemplo hoxe case todos os da comarca dos Ancares en Lugo.







VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade. 


Desgraciadamente, os datos de hoxe non son fiables. Ao incorporar o SERGAS os positivos por antígenos, o cómputo semanal de hoxe dispárase en case todos. Por exemplo, en Vigo soben en 2.190 e na Coruña en 1.759. Estes aumentos son artificialmente grandes. Os únicos datos fiables da variación diaria corresponden aos municipios que, a pesar de que hoxe se contan tamén os antígenos, tenden á baixa. Son por tanto os únicos que Galiciapress detalla na seguinte lista. 



  • TOQUES -1
  • PALAS DE REI -1
  • CARBALLEDA DE VALDEORRAS -1
  • VILARIÑO DE CONSO -1
  • TORDOIA -2
  • CASTROVERDE -2
  • SOBER -2
  • PORQUEIRA -2
  • RIOS -2
  • FOLGOSO DO COUREL -3
  • CUALEDRO -3
  • NOGUEIRA DE RAMUIN -4
  • FISTERRA -5
  • CARTELLE -5 




TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa. Hai que ter en conta que o empeoramento esaxerado en case todos hoxe débese, polo menos en parte, ao citado cambio metodolóxica da Administración á hora de revelar os datos oficiais.





EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A nivel galego a tendencia de casos activos é hoxe á baixa, pero artificialmente debido á incorporación de miles de altas procedentes de persoas que deran positivo mediante test de autodiagnósitco de antígenos. A consecuencia é que todas as curvas dos distritos caen hoxe de maneira relevante, aínda que este descenso tamén é unha distorsión estatística. Haberá que esperar máis días para poder analizar como están a evolucionar realmente os cómputos de casos activos en cada distrito.









POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA






Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do mércores nos que se inclúen os positivos por autotest e aplícase o protocolo de altas aos sete días se o paciente non ten síntomas, increméntanse a 57 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --dúas máis-- e a 457 as hospitalizadas noutras unidades --catro--, mentres que 58.937 atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en dúas: Lugo e Pontevedra-O Salnés; mantense na de Vigo; mentres aumenta nas outras catro: A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza, Ourense e Ferrol.

No caso da de Lugo descenden a catro os pacientes Covid en UCI --uno menos-- e a 45 os ingresados noutras unidades --seis menos--, mentres que na de Pontevedra e O Salnés aumentan a oito o críticos --un máis--, pero baixan a 60 os hospitalizados noutras unidades --seis menos--.

Polo seu lado, na área de Vigo aínda que aumentan a 13 os pacientes Covid en UCI --dúas máis--, baixan a 79 os ingresados noutras unidades --dúas menos--. Por contra, na de Santiago e Barbanza soben a sete o críticos --un máis-- e a 69 os doutras unidades --seis máis--.

Na da Coruña e Cee increméntanse a 15 os pacientes Covid en UCI --uno máis-- e a 103 os ingresados noutras unidades --catro máis-- e na de Ourense, aínda que descenden a seis os críticos --dous menos--, aumentan a 70 os doutras unidades --catro máis--.

No caso da área sanitaria de Ferrol mantéñense catro pacientes en UCI por este coronavirus, mentres que aumentan a 31 os hospitalizados noutras unidades --catro máis--. 


4UIpL evoluci n positivos covid concellos galicia  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE