CC.OO. convoca unha folga indefinida no Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS para xaneiro
O servizo do centro compostelán, que leva meses nunha situación de inestabilidade, xa rexistrou paróns nas últimas semanas.
"Tal é a desidia da Xerencia no que respecta a esta situación que nin sequera fixo a preceptiva reevaluación da xefatura en tempo e forma como esixe a normativa vixente", denuncia o sindicato.
Fachada do CHUS | Foto: EP
A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras convocou unha folga indefinida do persoal especialista do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela a partir de xaneiro, concretamente todos os martes do mes.
CCOO denunciou nun comunicado que a Xerencia da área sanitaria "segue sen dar solución algunha ao conflito, nin sequera ás cuestións organizativas que son da súa exclusiva competencia e confiando na decisión que poida tomar a Inspección Sanitaria".
"Tal é a desidia da Xerencia no que respecta a esta situación que nin sequera fixo a preceptiva reevaluación da xefatura en tempo e forma como esixe a normativa vixente", recalcaron.
O sindicato reiterou que existe un conflito polo tratamento persoal e profesional entre o xefe do servizo e os facultativos, "que foi aumentando en número de traballadores e traballadoras afectadas, así como na intensidade das faltas de respecto, humillacións e menosprecios". Ademais, CCOO denuncia un "caos organizativo" que atribúe ao citado responsable.
"Constatada a nula vontade negociadora por parte da Administración, o Comité de Folga acordou "endurecer" as protestas coa convocatoria dunha folga indefinida todos os martes do próximo xaneiro.
O sindicato remarcou ademais que o comité se ha reunido co grupo parlamentario do BNG e do PsdeG, que "mostraron o seu apoio ao persoal para alcanzar unha solución", para o que exporán preguntas no Parlamento de Galicia ao Goberno a este respecto.
Escribe o teu comentario