A proposta busca pór fin á especulación urbanística de fondos, empresas e persoas xurídicas
O presixente da Xunta asegurou que estas vivendas estaban xa comprometidas para esta lexislatura
O concelleiro, Iago Lestegás, acompañado de persoal técnico, fará unha explicación para aclarar calquera dúbida que as directivas das asociacións veciñais do ámbito poidan trasladar sobre estes cambios.
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia abriu un prazo até o 21 de novembro para identificar barreiras urbanísticas que encarecen a vivenda e impiden o acceso.
O prezo medio do aluguer en España alcanzou os 13,79 €/m² en setembro de 2025, cun aumento interanual do 16,18%.
O suceso produciuse sobre as 04.30 horas deste domingo e foi o propio implicado no suceso o que deu a voz de alarma e detallou que estaba atrapado
Os prezos dos alugueres e a falta de vivenda alcanzable pon en xaque a millóns de europeos, mentres Bruxelas estuda solucións históricas
A Coruña era declarada zona tensionada por alugueres o pasado 29 de xullo, pola súa banda, Santiago aínda está nunha “batalla” administrativa coa Xunta. Hai quen ve nesta medida unha solución pero profesionais do sector inmobiliario apuntan á falta de construción como a raíz do problema cos alugueres. Haberá solución cando acaben os tres anos como zona tensionada?
José Antonio Domínguez Varela é o xerente do Consorcio de Santiago sendo elixido para o cargo en febreiro deste 2025. Licendiado en Dereito e cunha traxectoria profesional na administración autonómica, Domínguez afronta o reto de manter tanto unha actividade suxestiva para atraer visitantes a Santiago como a de manter o patrimonio material da cidade. Sobre temas que preocupan á cidadanía como a vivenda no Centro histórico, sinala os investimentos que se realizan nel para o seu coidado e mantemento. En relación aos actos de vandalismo no patrimonio apela a unha maior concienciación entre os habitantes e as persoas que visitan a cidade para ser conscientes do valor que gardan os diferentes monumentos composteláns.
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Rehabilitación do Concello dá Coruña, Francisco Dinís Díaz Gallego, atende a Galiciapress despois de que a cidade herculina fose declara zona de vivenda tensionada, unha declaración pioneira en Galicia e en todas as comunidades gobernadas polo PP. O edil explica as consecuencias desta declaración e da aprobación do plan para regular as Vivendas de Uso Turístico (VUT)
Por outra banda, o portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Julio Abalde, advertiu que "calquera intento de restrinxir" a liberdade pedagóxica do profesorado sería un "grave erro" e xeraría "inseguridade nos centros e desconfianza" entre a comunidade educativa
O 26 de maio pasado o Concello de Compostela aprobaba a solicitude forma para declarar a todo o municipio como zona de mercado residencial tensionado. Esta figura contémplase na Lei polo Dereito á Vivenda e, como describe nesta entrevista o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, é unha ferramenta para a contención nos prezos do aluguer. A medida tómase nun momento en que os alugueres residenciais han subido de tal forma que, para moita xente, volvéronse inalcanzables. Nesta entrevista, Iago Lestegás describe parte do proceso de solicitude para declarar Santiago zona tensionada e quen é quen na aplicación das diferentes leis sobre vivenda e alugueres.
O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, sinalou que o acceso á vivenda é "un dos grandes desafíos" actualmente e tamén é unha das "principais preocupacións dos veciños"
A alcaldesa herculina tacha de de "espectáculo non edificante" que o consistorio se decatase pola prensa das correccións esixidas pola Xunta.
Se hai leis contra os oligopolios en servizos básicos, como a luz, por que non os hai na vivenda, un ben fundamental ao que non poden acceder moitas persoas debido, en parte, á especulación desatada por uns poucos? Esta é unha das cuestións que expón a recentemente presentada Plataforma Galega Vivenda Xa!. As vivendas turísticas, a declaración de zonas tensionadas e o papel dos fondos de investimento son outro dos temas que falamos con Iria Nande, unha das portavoces da plataforma.
Galiciapress entrevista á secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez (Pontevedra, 1997) para coñecer a postura da organización en temas como Altri, a mina de Doade ou a vivenda. Os bos datos do BNG nas sondaxes, o talento novo emigrado ou os sacrificios para se iniciar en política, outros dos temas desta conversa.
Galiciapress entrevista ao líder de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval (Ourense, 2000), para coñecer a postura da organización en temas como Altri, a mina de Doade ou a vivenda. A crise do PSOE en Compostela, as impresións despois do último Congreso do PSdeG ou as dificultades dos mozos para comezar na política, algúns dos outros temas desta conversación.
A mobilización está convocada para o próximo 9 de abril polos sindicatos Erguer, Fervenza e os alumnos de Traballo Social.
As vivendas turísticas (VUT) viron como varias administracións locais han posto límites á súa apertura. Os propietarios deféndense alegando a inseguridade legal baixo a Lei da Vivenda que permite estar varios meses sen pagar até unha solución habitacional. As asociacións de VUT sinalan que estas son as que mobilizan a economía dos barrios en zonas históricas. Por outra banda, denuncian que a situación por falta de vivenda é unha consecuencia da mala xestión política nos concellos
En Vigo, o acceso a unha vivenda digna volveuse un luxo inalcanzable para miles de familias. A escalada dos prezos do aluguer, a proliferación de vivendas turísticas e unha oferta de pisos en declive converteron a situación nun problema social que xera protestas e críticas constantes. A pesar da Lei Estatal de Vivenda, as administracións —encabezadas polo Concello e a Xunta— encerelláronse en confrontacións políticas, sen implementar medidas efectivas que freen unha crise cada vez máis insosteible. Neste contexto, o Sindicato de Inquilinas de Vigo alerta sobre a urxencia de intervir nun mercado que, a ritmo acelerado, expulsa aos residentes dos seus propios barrios. Pola contra, achégase o momento de considerar seriamente a folga de alugueres.