Propietarios de vivendas turísticas: "estannos criminalizando"
As vivendas turísticas (VUT) viron como varias administracións locais han posto límites á súa apertura. Os propietarios deféndense alegando a inseguridade legal baixo a Lei da Vivenda que permite estar varios meses sen pagar até unha solución habitacional. As asociacións de VUT sinalan que estas son as que mobilizan a economía dos barrios en zonas históricas. Por outra banda, denuncian que a situación por falta de vivenda é unha consecuencia da mala xestión política nos concellos
O auxe das vivendas de uso turístico (VUT) en Galicia levantou máis dun debate e máis dunha polémica. En só un ano, o número de VUT en Galicia aumentou un 21%, convertendo a esta comunidade autónoma na que máis creceu neste tipo de aloxamentos. Segundo o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), en xuño de 2024 rexistrábanse 23.772 VUT, o que representa un aumento do 2.403% desde 2017.
Ecoloxistas en Acción (EEAA) publicaba o 21 de xaneiro un informe que sinalaba a Vigo como a cidade coa subida máis importante en VUT entre 2020 e 2024. A isto, desde a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (AVITURGA), indican que “o número de vivendas turísticas en Vigo supoñen o 1,5% do total” e destas VUT, o 20% están buxán.
CONSECUENCIAS
O crecemento deste tipo de aloxamentos extrahoteleros tivo consecuencias significativas no mercado inmobiliario galego. Nos últimos cinco anos, o prezo medio dos alugueres subiu un 33%, pasando de 424 a 564 euros. Esta situación levou a varios concellos a tomar medidas para regular e controlar a proliferación das VUT.
Do outro lado, AVITURGA sinala que a aparición destas vivendas dinamizou os cascos antigos de varias cidades “que en ocasións non teñen as infraestruturas suficientes”. As VUT son, para os propietarios, fan que os turistas recorran a establecementos no propio barrio ou zonas adxacentes. Negocios como lavandarías, tendas, panadarías, etc, poden ver incrementado o seu volume de ingresos coa aparición de VUT.
A pesar disto último, as queixas sobre o incremento de vivendas turísticas e o aumento nos prezos dos alugueres para vivenda familiar, motivaron as protestas tanto de plataformas veciñais como de partidos políticos que, nalgúns casos, xa tomaron medidas en canto chegaron ao goberno local. As queixas e as enquisas e informes realizados sobre as VUT como o de EEAA, son analizados como “interesados” e “capciosos” por parte de AVITURGA. “Están criminalizando a vivenda turística en Galicia".
REACCIÓNS DE CONCELLOS
O concello de Santiago decidiu non legalizar preto de 600 vivendas de uso turístico que operaban sen licenza municipal. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, informou que os aloxamentos poderán ofrecer, como máximo, 60 días ao ano se non cumpren cos requisitos da ordenanza aprobada en 2023. AVITURGA afirma que a alcaldesa "faltou a todos os compromisos preelectorais cos propietarios" e advirte que esta medida podería provocar que "Santiago enteiro convértase en vivenda de uso turístico durante verán".
O Concello de Oleiros foi pioneiro en Galicia ao prohibir as vivendas de uso turístico desde 20212. O alcalde, Anxo García Seoane, xustificou esta medida argumentando que as VUT "incumpren a normativa municipal, causan un incremento dos prezos das vivendas en aluguer e provocan unha deterioración da calidade de vida dos habitantes das zonas de alta demanda turística". O concello comezou a abrir expedientes sancionadores aos propietarios de VUT que operan no municipio, aínda que aínda non se impuxeron multas.
Preto de Oleiros, o Concello da Coruña está a traballar na regulación das vivendas turísticas. En novembro de 2024, a área de Urbanismo presentou un borrador de ordenanza que pretende limitar as VUT a plantas baixas, primeiras plantas e edificios específicos en determinadas zonas. Esta proposta, que considera as VUT como un negocio, deberá ser aprobada polo Pleno municipal.
LEGALIDADE
A regulación das VUT en Galicia volveuse máis complexa desde que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) declarou ilegal o uso turístico de vivendas sen autorización municipal en abril de 2022. Esta decisión outorgou aos concellos galegos a capacidade de elaborar e aplicar normas para regular os pisos turísticos na súa xurisdición.
A nivel autonómico, Galicia conta desde 2017 cun rexistro público das vivendas autorizadas para funcionar como VUT ou como outro tipo de aloxamento turístico. Con todo, a recente aprobación por parte do Goberno central dun rexistro estatal de arrendamentos de curta duración para 2025 xerou debate sobre a posible duplicidade de rexistros.
“Realmente o que se está facendo coas VUT é tapar as nefastas políticas urbanísticas na maioría dos concellos” sinalan desde AVITURGA. Segundo a Lei do Solo, a construción de parque de vivenda debería destinar un 20% a vivenda social. A asociación denuncia que isto non se cumpriu e esta é unha das causas do problema por falta de vivendas. O outro problema está na Lei da Vivenda, “que protexe á inquilina fronte ao propietario”.
A queixa procede da posibilidade para os inquilinos de declarar vulnerable e que “o propietario non cobre durante meses” ou ata que se solucione a cuestión. Ante esta posibilidade, os propietarios deciden pechar os seus pisos para evitar problemas con inquilinos e desta forma “hai 400.000 vivendas en Galicia sen saír ao mercado do aluguer”.
En conclusión, o rápido crecemento das vivendas de uso turístico en Galicia levou a varios concellos a tomar medidas restritivas para controlar a súa proliferación e mitigar o seu impacto no mercado inmobiliario local. Polo seu lado, os propietarios sinalan en primeiro lugar inseguridade legal para poder alugar a familias e engaden que a limitación ás VUT supón unha perda de ingresos para os concellos e resta a creación de postos de traballo.
Escribe o teu comentario