Máis de medio centenar de novos casos na área de Ourense torpedean os datos do coronavirus en Galicia

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian, por segunda xornada seguida, o ascenso no número de casos que se está experimentando na área sanitaria de Ourense e que ten ás autoridades sanitarias moi preocupadas. Esta xornada, na que o conxunto de Galicia só crece nun caso máis desde onte, os datos oscilas entre as subidas pronunciadas de Ourense e Pontevedra e as baixadas tamén significativas nas áreas de Santiago de Compostela e Lugo.



|

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian, por segunda xornada seguida, o ascenso no número de casos que se está experimentando na área sanitaria de Ourense e que ten ás autoridades sanitarias moi preocupadas.


Esta xornada, na que o conxunto de Galicia só crece nun caso máis desde onte, os datos oscilan entre as subidas pronunciadas de Ourense e Pontevedra e as baixadas tamén significativas nas áreas de Santiago de Compostela e Lugo.



Concretamente a área auriense sobe en 57 novos casos en só 24 horas. En só cinco días as cifras nesta zona subiron en 150 casos. Esta tendencia á alza levou onte á Xunta de Galicia a aplicar novas restricións sobre Ourense cidade e outros municipios. De feito, sobre a capital provincial, a Xunta xustifica a decisión de ampliar as restricións a outras zonas da cidade en que esta "segue tendo características de alto risco".


Neste sentido din que o incremento "é especialmente destacable" na cidade das Burgas, "xa que os casos diarios seguen a aparecer de modo continuo, feito que non acontece noutros concellos da área". "Esta taxa de incidencia a sete días duplica a taxa do conxunto de Galicia calculada para estes mesmos sete días", inciden, para subliñar que "o brote neste concello non está a evolucionar claramente no sentido positivo".


Cabe destacar que nas últimas horas detectouse un brote na residencia Nosa Señora do Viso de Lobeira e nos hospitais de Ourense e Verín, nos dous casos nas áreas para os pacientes de coronavirus. 


Xunto con Ourense, a área de Pontevedra tamén segue arroxando a diario uns datos moi preocupantes. Desde onte suma 24 novos casos. Neste escenario o último informe de Sanidade destaca que a taxa de incidencia, "aínda que cunha lixeira baixada, segue sendo importante". Isto indica que "o brote non está baixo control" e a porcentaxe de positividade "refire que a transmisión segue sendo importante". 


Os concellos de Poio, Pontevedra e Vilaboa son os máis afectados e sobre eles, ademais de Marín, mantéñense as restricións aplicadas a principios de mes. 


Con Ourense e Pontevedra a outra área sanitaria que hoxe ofrece unha subida nas súas cifras é A Coruña. Aínda que neste casos con só tres os novos casos que hai que sumar á gráfica, resulta significativo ver que na área herculina soben os casos despois de cinco xornadas seguidas de descenso, aínda que nos últimos días esta baixada retardouse.


ÁREAS EN DESCENSO

A pesar dos saltos destas áreas, o conxunto de Galicia só suma hoxe un caso máis. Isto débese a que as áreas de Santiago de Compostela e Lugo sufriron un descenso sensible no número dos seus casos activos: 24 casos menos na área da capital; 39 menos na área lucense. A área da cidade amurallada é, ademais, a área que ofrece un mellor ritmo despois de oito xornadas seguidas dando datos negativos.


No lado oposto estaba Vigo, que levaba nove días con datos á alza. Con todo, esta xornada a área olívica conta con nove casos menos. Ferrol, pola súa banda, rebaixa os seus índices en dez casos menos desde o mércores.


Con máis dun centenar de casos novos, a tendencia galega mantense á alza despois das subidas rexistradas nos últimos días. Estas subidas provocaron de novo un cambio de paradigma, o que se traduce en que, porcentualmente, Galicia evolucione a un ritmo do 0,5% cando todo parecía indicar que pronto entraría nunha evolución negativa. 


Ademais, cabe destacar que esta xornada tamén se rompeu o récord de PCR con 5.716 probas. Doutra banda, os brotes nos centros escolares -53 aulas pechadas; 199 afectados- tamén supuxeron un elemento decisivo nesta escalada das cifras.


Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este xoves 24 de setembro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.461, dos cales 1.113 son da área da Coruña, 640 de Lugo, 659 de Ourense, 760 de Pontevedra, 502 da área de Vigo, 608 de Santiago e 179 de Ferrol. 


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (9)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE