(VÍDEO) Cartel Río Verbena Fest 2026: Love of Lesbian, Siolé, Carlos Ares, Sidonie, Sanguijuelas do Guadiana...
O festival pontevedrés regresará os días 21 e 22 de agosto, cos primeiros abonos á venda desde este mércores.
Catro edicións bastaron para que o Río Verbena Fest consolidouse xa non como unha cita indispensable en Pontevedra, senón como un evento marcado en vermello no calendario de todo festivalero que se prece. Para 2026 os verbeneros regresarán ao Recinto Feiral de Pontevedra, onde os días 21 e 22 de agosto volverá a música da man deste festival que moi pronto porá á venda os primeiros abonos.
ENTRADAS PARA 2026
Non será até este mércores 22 de outubro, a partir das 12 horas, que se poderán comprar os primeiros tickets da V Edición do Río Verbena Fest, que o ano pasado contou con Coque Malla, Loquillo, Xoel López, Álvaro de Lúa, Nil Moliner, Andrés Suárez ou YSY A.
Para o seu regreso en 2026 o Río Verbena deu a coñecer os primeiros nomes que compoñen un cartel de altura onde destacan un grupo lendario da escena nacional, como Love of Lesbian, ou Siloé, banda punteira do indie español que repite na cidade do Lérez despois de actuar na edición de 2024 xunto a outros grandes nomes como Dani Fernández ou Viva Suecia.
A estes nomes hai que sumar os de Sidonie, outra das bandas míticas do indie patrio, A A Love You, formación madrileña que revolucionou o panorama nacional, ou Carlos Ares, unha das voces do momento na comunidade galega. A eles hai que engadir a Sanguijuelas do Guadiana, unha das bandas máis demandadas polos festivaleros no último ano, ou Os Acivros, proxecto do asturiano Alberto Rodríguez Carrasco que supón un xiro de porca ao pop-rock actual.
Yoli Saa, Luís Fercán. Señora DJ ou Cora son parte da aposta do festival polo talento galego, un dos selos de identidade dunha cita que se reivindica como "un encontro musical que celebra a convivencia entre xeracións, estilos e sensibilidades, cunha programación pensada para gozar ao grande do verán na Boa Vila".
Escribe o teu comentario