Fotos: O arquivo de pezas de convicción dos xulgados de Compostela atópase nun estado "lamentable"
A CIG describe "malos cheiros, ácaros, mofo e ata cogomelos" no arquivo
O arquivo está cheo de "malos cheiros, ácaros, mofo e ata cogomelos" | Imaxe: CIG-Xustiza
A sección de Xustiza de a Confederación Intersindical Galega denunciou o "lamentable estado" no que se atopan as pezas de convicción -as probas dos delitos- no arquivo dos xulgados de Santiago de Compostela. "Alerta ademais das enfermidades potenciais que podería provocar para as traballadoras e traballadores do corpo de auxilio provincial" nun comunicado publicado este luns.
A CIG describe "malos cheiros, ácaros, mofo e ata cogomelos" no arquivo. As condicións poderían supoñer, baseándose nun informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), un "risco para a seguridade e a saúde" do persoal que entra e sae constantemente deste arquivo.
Así mesmo, o estado do local, segundo explica o representante da CIG Antón Ayaso, está a provocar a deterioración das pezas de convicción que "moitas delas, cando son reclamadas polas súas donas ou donos, unha vez acabado o procedemento xudicial, están totalmente inservibles, o que provoca un prexuízo económico para as súas propietarias ou propietarios".
CIG-Xustiza asegura que a Audiencia "nin sequera" ten sitio para arquivar e garda os seus documentos, como apelacións civís e penais, no arquivo de pezas. "Estariamos a falar de documentación de casos como o de Asunta ou o famoso troquelaje de coches", apunta Ayaso.
Escribe o teu comentario