Zonas tensionadas por aluguer, desconfianza de propietarios e temor de inquilinos

A Coruña era declarada zona tensionada por alugueres o pasado 29 de xullo, pola súa banda, Santiago aínda está nunha “batalla” administrativa coa Xunta. Hai quen ve nesta medida unha solución pero profesionais do sector inmobiliario apuntan á falta de construción como a raíz do problema cos alugueres. Haberá solución cando acaben os tres anos como zona tensionada?


|

 

La ministra de Vivienda y Agenda Urbana, Isabel Rodríguez (d), y la conselleira de Vivienda y Planificación de Infraestructuras, María Martínez Allegue (i), durante una visita a una promoción de
A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez (d), e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue (i), durante unha visita a unha promoción de 


 

A declaración de zona tensionada por alugueres da Coruña foi unha vitoria para a súa alcaldesa, Inés Rey. Pola contra, a primeira edila de Santiago, Goretti Sanmartín mantén un pulso coa Xunta para que a cidade obteña o mesmo recoñecemento. Con todo, un tira e afrouxa sobre cuestións administrativas (faltan 'papelorios' dixo a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue) que están a enfrontar á administración local compostelá coa administración autonómica. Mentres tanto os prezos en alugueres habitacionales soben “pola lei da oferta e a demanda” sinalan profesionais inmobiliarios. Hai unha gran demanda pero a oferta é moi reducida e a solución que achega declarar zona tensionada non parece convencer moito ao sector, sobre todo, cando desde o mesmo apuntan á inseguridade de moitos propietarios e propietarias en pór vivenda no mercado de alugueres. 

 

 

 


 

DÚBIDAS

Vicente Martínez, do Inmobiliaria Apóstolo, sinala que no caso de Santiago “estamos afeitos” a que os estudantes paguen en comandita. Un piso compartido de 800€ pode saír para cada estudante en 260 ou 270. Pódese aumentar 50€ o aluguer ao ano seguinte, os estudantes poden afrontar esa subida pero as familias traballadoras ven que boa parte dos seus ingresos vanse un aluguer que cada vez se lles fai máis costa arriba. 
 

Emma Martínez, presidenta da Asociación Galega de Inmobiliarias, AGALIN, di ter dúbidas sobre a eficacia da medida. Si recoñece que tanto Santiago como A Coruña cumpren coas porcentaxes para ser zonas tensionadas, pero “tememos que se cree o efecto contrario ao obxectivo da lei de vivenda que é a regulación de prezos”. 
 

 

 

 

Por outra banda, as dúbidas sobre os efectos positivos da medida baséanse na duración da mesma. Durante tres anos os alugueres non poderán superar 1/3 do salario medio do lugar tensionado, tampouco poden supor máis do 30% dos ingresos familiares. Vicente Martínez sinala que eses tres anos non suporán “nada” en canto a pór en marcha o mercado da vivenda. Non é tempo suficiente para que se creen axudas para a construción ou para deseñar programas de vivenda que, como mínimo, necesitarían dez anos para desenvolver.

 

Archivo - Goretti Sanmartín en una rueda de prensa.
Arquivo - Goretti Sanmartín nunha rolda de prensa.


 

A RAÍZ DO PROBLEMA

A burbulla inmobiliaria de 2008 e a crise mundial paralizaron a construción. “Mira a paisaxe da cidade, xa non ven guindastres” construíndo. Agora a pouca vivenda dispoñible é cara. “É un pescozo de botella” sinala Emma Martínez aludindo á gran demanda e a pouca oferta de aluguer. 

 

Por outra banda, e tomando como exemplo as idas e vindas entre Concello de Santiago e Xunta de Galicia, o problema da vivenda agora mesmo para o sector inmobiliario é a falta de acordo. Todas as administracións están a pugnar unhas contra outras, ben por burocracia, ben por falta de entendemento entre as partes ou ben por rivalidades políticas.

 

 

 

 

 

Vicente Martínez ten claro que o problema se debe abordar desde todas as administracións ao unísono. “É necesario un pacto de Estado” para que a situación se desbloquee. Algo así se podería aplicar na cidade do Apóstolo, onde “Xunta e Concello poderían sentar nunha mesa de traballo sobre este asunto”.

 

A todo isto súmase a inseguridade dos propietarios á hora de abrir as portas das súas propiedades a posibles inquilinos. Aínda que os prezos non sufrirán alteracións reseñables, moitos inmobles que poderían estar agora no mercado do aluguer non o estarán debido a que a declaración de zona tensionada rebaixará as expectativas dos propietarios. Se alguén desexaba colocar un piso por 1.000€ ao mes posiblemente vexa rebaixado ese prezo un 20%. A solución neste caso pasa por vender, directamente pechar a vivenda ou alugar a estudantes. “Isto fainos temer que a oferta aínda baixe máis”. 

 

 

 

 

 

Outro tema é a protección ao inquilino desde a Lei da Vivenda. O feito de protexer a persoas vulnerables non é un problema para as inmobiliarias, con todo, entenden que un propietario particular non tería que asumir a vulnerabilidade dunha persoa ou familia. É por iso que se reclaman garantías xurídicas tamén para propietarios. “Lexislouse sobre alugueres anuais indefinidos” sinala Vicente Martínez, pero non se fixo sobre os alugueres temporais e por habitación.

 

A falta de solo para construír nos últimos vinte anos trouxo a subida de alugueres para as familias medias ou traballadoras. Ao non haber solo non hai vivenda protexida ou vivenda social e por iso moita xente ve ir en alugueres unha parte substancial dos seus ingresos. A inseguridade que senten os propietarios ante a posible declaración de vulnerabilidade por parte dos inquilinos evita a entrada de nova vivenda en aluguer. 

 

Por último, en tres anos, segundo o sector inmobiliario, non se resolverá gran parte do problema e tampouco axuda a “guerra” entre administracións que non conseguen pór de acordo por diferentes motivos mentres os prezos seguen subindo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE