Políticos galegos do PP e o PSOE obvian as críticas de Madrid e apostan por China, como xa fixese Feijóo
O presidente do PP español, Alberto Nuñez Feijóo, e a presidenta do madrileño, Isable Díaz Ayuso, cargaron contra Pedro Sánchez pola súa recente viaxe a China. Unha crítica que non parece facer madeixa nin o sucesor de Feijóo, que hoxe confirmou unha nova misión de negocios a Pequín, nin en David Regades, un dos líderes do PSdeG, que hoxe anunciou unha expedición á fronte da Zona Franca.
A colaboración con económica coa Chinesa comunista unha liña que a Xunta e outros organismos galegos levan anos defendendo -de feito o propio Feijóo encabezou unha misión institucional en 2017 cando era presidente da Xunta- a pesar das críticas que adoitan acompañar este tipo de contactos coa ditadura asiática.
O sucesor de Feijóo en San Caetano defendeu hoxe a súa próxima misión comercial e insistiu en que o seu desprazamento non terá “intencionalidade política”. Alfonso Rueda tenta facer equilibrios entre as críticas lanzadas desde o PP de Madrid e os intereses de Galicia alegando que se centrará en reunir con empresas chinesas para atraer investimento e promocionar a comunidade, con especial atención ao turismo e ao Xacobeo de 2027.
A distinción entre o económico e o político en China é, canto menos, discutible. Hai que ter en conta que a chinesa é unha economía capitalista só en aparencia, onde todas as grandes empresas -e todas as grandes decisións económicas- dependen en última instancia do que determine o Partido Comunista de China e o seu líder, Xi Jinping.
Apertado hoxe pola prensa, o líder do PPdeG rexeitou entrar en valoracións sobre as acusacións de Isabel Díaz Ayuso acerca de que o país asiático non é unha “democracia plena”, e sostivo que cada dirixente debe asumir as súas propias afirmacións, sen trasladar ese debate a unha axenda que, na súa opinión, debe centrar na captación de investimento.
Co mesmo pragmatismo móvese a Zona Franca de Vigo, que esta semana desenvolve unha misión comercial en China encabezada por David Regades (secretario xeral do PSdeG-#PSOE na provincia de Pontevedra) para reforzar relacións con compañías e institucións do xigante asiático.
O Consorcio vigués xustifica a viaxe alegando que abrir portas en Zhejiang e Hunan co obxectivo de captar proxectos vinculados a automoción, loxística, sustentabilidade, construción modular e industria avanzada
A expedición da Zona Franca dá continuidade aos contactos que xa existían entre esta institución estatal con firmas chinesas como CITIC Group, que mantén presenza en Galicia a través de Citic Censa, no Porriño. Ademais, hai que ter en conta que hai meses que hai rumores dun grupo chinés de produción de automóbiles, SAIC Motor, estuda a Plisan para situar unha factoría de ensamblaje de automóbiles. De feito, está previsto que Rueda se reuna con dirixentes deste xigante automobilístico.
BYD, MG e outros fabricantes de vehículos eléctricos chineses avaliaron Galicia —xunto a Cataluña, Cantabria e Levante— como posible localización para plantas de ensamblaje, presionados polos aranceis europeos de até o 45,3% aos coches fabricados en China. O hub automobilístico de Vigo (Stellantis) e a infraestrutura da Zona Franca poden de actuar imáns para atraer fabricantes que buscan eludir eses impostos.
Por otor lado, Chinesa é un socio económico aínda significativo moi modesto para as exportacións de Galicia Galicia. Unhas 190 empresas galegas operan de forma estable en China e as exportacións ao país asiático roldaron os 217 millóns de euros en 2024, unha cantidade aínda pequena dentro do comercio exterior galego. Dado o calibre económico de China, ll potencial de crecemento é enorme e parece que, por agora, os políticos galegos non se están deixando intimidar polos que cuestionan as relacións con China. De feito, incluso a líder da oposición, a nacionalista Ana Pontón, reuniuse co embaixador chinés o último inverno.
En 2025 o investimento chinés en España cuadriplicouse até os 643 millóns de euros, marcando un dos rexistros históricos máis altos. Os investimentos concéntranse en automoción, enerxía e tecnoloxía. Galicia compite con Madrid, Cataluña e outras comunidades por atraer estes fluxos, coa vantaxe da súa infraestrutura industrial e loxística consolidada, máis de 100 polígonos industriais e universidades punteiras en automoción, biotecnoloxía e intelixencia artificial.
A presenza chinesa en Galicia: da calderería pesada á cooperación estratéxica
Exportacións galegas a China (2024)
217 M€
190 empresas con presenza constante
Importacións desde China
~2.000 M€
Déficit comercial significativo
Investimento chinés en España (2025)
643 M€
+331% respecto ao ano anterior
Emprego xerado en España por capital chinés
13.556
Dato de 2023, Fundación España-China
Balanza comercial moi deficitaria
Principais empresas e investimentos chineses presentes en Galicia
CITIC Gándara Censa — O Porriño (Pontevedra)
Industria pesada
Filial do xigante semipúblico CITIC Group (71.º Fortune Global 500, 1.700 billóns $ en activos). É o maior fabricante de calderería pesada de España, con raíces que se remontan a 1965. En 2025, a cúpula directiva visitou a Zona Franca de Vigo para estudar a expansión cara á Plisan (Salvaterra-As Neves) e o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. CITIC designou a esta planta como a súa oficina de representación europea, converténdoa en porta de entrada dos seus produtos ao continente.
Xangai Keichuan / Albo — PLISAN
Alimentación
A histórica conserveira viguesa Albo pasou a mans do grupo chinés Xangai Keichuan, que trasladou as instalacións á Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN). Un exemplo paradigmático da adquisición chinesa de marcas alimentarias españolas consolidadas.
Grupo Pontes
Obra pública e construción
A operación canalizouse a través da filial China Road and Bridge Corporation (CRBC), subsidiaria de CCCC, a cuarta maior construtora do mundo. A familia Otero acordou cederlle unha participación maioritaria en 2020.
Escribe o teu comentario