Bartomeu recorre ao heroe de Wembley da primeira 'orellona' para reflotar ao Barça

O holandés asina por dous anos e chega coa intención de facer limpeza no vestiario e reconducir a situaciòn do equipo


|

Ronald Koeman xa é, oficialmente, novo adestrador do Barça. O club blaugrana anunciou a súa contratación ata o 30 de xuño de 2022 coa idea de que reconduza e rexenere o vestiario azulgrana, moi tocado polos últimos resultados e a imaxe ofrecida nos últimos tempos.


Koeman


A chegada de Koeman, practicamente anunciada desde o desastre de Lisboa, abre unha serie de incógnitas, sobre todo no que fai referencia á continuidade dalgúns xogadores do vestiario azulgrana, entre eles algúns dos pesos pesados que ata o de agora parecían intocables. Tan só Messis e Ter Stegen parecen ter a continuidade asegurada, ademais dalgúns canteiráns como Ansu Fati e Riqui Puig.


O técnico holandés é un bo coñecedor da entidade blaugrana. Xogou seis tempadas no Barça e foi o autor do gol que deu á entidade a súa primeira Copa de Europa.



Tamén iniciò no club a súa carreira como adestrador, nas divisións inferiores. Posteriormente dirixiu equipos como Vitesse Arhem, Ajax de Amsterdam, Benfica, PSV Eindhoven, Valencia, Az Alkmaar, Feyenoord, Southampton, Everton e a selecciòn holandesa.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE